Skip to Content

Tarefas na casa

PAUTAS PARA TRABALLAR DENDE A CASA

 

Bo día

En vista de que durante as próximas semanas non imos poder dar clase presencial, vouvos ir pendurando actividades.

Para empezar, preciso que me mandedes un saúdo ao meu correo electrónico a este enderezo:

egv.departamentomusica@gmail.com

En asunto poñede primeiro o curso e grupo e logo o voso nome (P.ex. : 1ºC Xoana Pérez López). A partir de aí seleccionaremos sempre a opción “responder”,  para manter toda a conversa nun único fío.

O correo podedes utizalo para preguntar calquera dúbida e para enviar as actividades feitas. Eu ireivos respondendo segundo cheguen.  As vosas familias poden tamén poñerse en contacto comigo por medio do correo, se precisan información.

Para traballar imos precisar:

-       

Os materiais impresos e apuntamentos (segundo o caso) cos que estabamos a traballar na aula.

-       

Fontes para buscar información (bibliografía, internet, …).

-       

Algún tipo de instrumento melódico (frauta doce, teclado, xilófono, guitarra, gaita, …).

-       

En caso de non ter instrumento melódico, podedes descargar algunha aplicación para o móbil ou para o PC que simule un teclado ou un xilófono. Eu propúxenvos a aplicación para o móbil Professional Xylophone, pero valería outra similar.

-       

Se non vos fose posible acceder a internet con facilidade gardade todas as actividades e entregádesmas á volta.

-       

En caso de non ter ningún instrumentos a man, nin posibilidade de descargar a aplicación, facédemo saber polo correo electrónico e dareivos actividades alternativas.

 

Ánimo! Vamos alá!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut