Skip to Content

A nosa poetisa

albacanosarecital

Ás portas do día adicado ao recordo da figura de Rosalía, imos adiar o seu recoñecemento para darllo a unha poetisa que aínda nos é máis próxima e querida, Alba Canosa.

Alba ofreceu o pasado venres en Arteixo un recital en solitario, no que presentou a un emocionado público composicións da súa primeira publicación, Una camisa y demasiadas balas.

Recibiu enormes mostras de admiración e cariño por parte do auditorio, asinou todos os exemplares do poemario que levara, estivo cómoda e gozou compartindo o seu sentir. O éxito foi total.

Parabéns, Alba, isto só é o comezo! 



page | by Dr. Radut