Skip to Content

O IES Pedra da Aguia cos refuxiados

O sábado 17 de xuño tivo lugar na praza do concello de Camariñas o Loco Festival, unha iniciativa do Comité español de ACNUR para concienciar á poboación da dramática realidade que viven os refuxiados diariamente.

As actividades organizadas polo noso Centro, en colaboración co Concello e con ACNUR, incluíron a lectura dun manifesto en prol dos refuxiados, varias actuacións musicais do alumnado do Centro, un mercadillo solidario e unha marcha polas rúas da vila.

Máis información en QPC, a Voz de Galicia, El Correo Gallego e ACNUR

AdxuntoTamaño
Manifesto_polos_refuxiados_definitivo.pdf64.42 KB


page | by Dr. Radut