Skip to Content

Radio Escolar e Día de Europa

O venres 7 de maio inauguramos a nosa radio escolar, un proxecto que tiñamos pendente doutros anos. "Radio Aguia" foi o nome elixido por estudantes e profesorado e comezará a emitir en streaming a partir do vindeiro curso.

O acto estivo presidido pola alcaldesa, Sandra Ínsua, e contou coa participación de Radio Nordés, que emitiu en directo o programa de mediodía, "Vivindo a Costa da Morte".

O acontecemento fíxose coincidir coa celebración do Día de Europa, no que o alumnado tivo todo o protagonismo: encheron a entrada con carteis nos que se relacionou a Camariñas con Europa, fixeron unha coreografía con patíns portando todas as bandeiras da UE e, finalmente, bailaron ao ritmo de Jerusalema e interpretaron un par de cancións populares para homenaxear ao alumno Andrés Parga, recente campión de España de baile caribeño.

Máis información no Correo Gallego. a Voz de Galicia e Que pasa na Costa. Tamén podedes escoitar o podcast do programa de Radio Nordés a partir do minuto 34:30.



page | by Dr. Radut