Skip to Content

Xordania, terra de acollida

 

Trala recollida do premio Vicente Ferrer en Madrid, o pasado 14 de novembro, celebrouse no instituto unha última xornada en relación coa experiencia formativa en Xordania, país ao que viaxaron dúas profesoras en representación do centro, para coñeceren en terreo varios proxectos de cooperación para o desenvolvemento que a AECID, a Agencia Española para la Cooperación Internacional y Desarrollo, promove en Oriente Medio.

No instituto organizouse unha mostra de fotos tiradas durante a visita a campos de refuxiados palestinos e sirios, escolas e proxectos sociais (emprendemento, rehabilitación de mulleres vítimas de maltrato...), que foron explicadas ao alumnado, previamente homenaxeado cunha entrega de diplomas polo seu traballo durante o curso pasado no proxecto gañador.

O acto rematou cuns petiscos na cafetaría do centro a base de receitas típicas desta rexión do mundo: hummus, baba ganoush, falafel e té con menta serviron para experimentar o sabor dun país a moitos quilómetros de nós.



page | by Dr. Radut