Skip to Content

Marchamos outra vez de ruta

O noso instituto volveu ser seleccionado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para participar nas Rutas científicas, artísticas e literarias, nas que alumnado de 2º ESO realizará diversas actividades e visitas por Murcia, Almería e Granada, entre o 27 de outubro e o 2 de novembro.

Agradecemos a súa colaboración á Mostra do Encaixe de Camariñas, que nos proporciona os agasallos para intercambiar co instituto co que compartimos ruta, e ao Concello de Camariñas, que subvenciona o 15% do desprazamento entre o centro e o comezo e remate da actividade.



page | by Dr. Radut