Skip to Content

Axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2024/25

Do 21 de maio ao 21 de xuño, as familias poderán realizar as súas peticións para o vindeiro curso nas axudas de libros, fondo solidario e bono de material.

Máis información no enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43218

 

 

Excursión Illa de Sálvora

O alumnado pertencente ao Club de Lectura e ao Voluntariado da Biblioteca realizou unha visita didáctica á illa de Sálvora o día 27 de maio.

A saída consistiu nunha viaxe en barco dende Ribeira ata a illa situada na entrada da ría de Arousa. Alí, acompañados por unha experta guía, percorremos os lugares máis destacados desta illa que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas e fomos coñecendo as características principais da súa flora e fauna, así como aspectos relevantes da súa historia. 

O pazo, a antiga aldea hoxe xa deshabitada, o faro preto de onde naufragou o barco Santa Isabel, a fonte, os hórreos... son algúns lugares que tivemos o privilexio de coñecer. 

Á volta, o xantar realizámolo no parque de San Roque onde gozamos dunha divertida tarde de xogos. 

Un inolvidable día para rematar todo un curso de cariño e dedicación aos libros!

Comprender o autismo e as condutas que nos preocupan

O pasado mércores, 15 de maio, tivemos o pracer de recibir no noso Centro a Marlene Horna, especialista no Espectro Autista, nun encontro moi familiar no que profesorado e familias aprendemos como adaptarnos ás persoas non neurotípicas.

Agradecementos ao Concello de Camariñas e a o CFR por facer posible este evento e, por suposto, a Marlene por compartir con nós os seus coñecementos.

Visita a Cee do alumnado de 4º da ESO

Día das Letras Galegas

Temos o pracer de celebrar o Día das Letras Galegas, que este ano rende homenaxe á escritora coruñesa Luísa Villalta, cun fantástico concerto do dúo "Suso Quinito e Javi Sampedro" para o alumnado de 1º e 2º da ESO.

 

A actuación musical celebrarase o xoves, 16 de maio, na sala de encontros e permitiranos gozar da mestura entre música e literatura que fai habitualmente o dúo vimiancés.  

Comprender o autismo e as condutas que nos preocupan

Temos o pracer de convidarvos ao encontro con Marlene Horna, 

Comprender o autismo e as condutas que nos preocupan

que terá lugar no IES, no Salón de Encontros "Silvia Lijó" o próximo

15 de maio, mércores, ás 17h.

Pregamos confirmación de asistencia

a través do teléfono do IES: 881-880294

ou ao correo electrónico: ies.pedra.aguia@edu.xunta.gal

Distribuir contido


by Dr. Radut