Articles

O ALUMNADO DE BIOLOXÍA DE 4º ESO VISITA UNHA EXPOSICIÓN DE FÓSILES

O alumnado de 4º ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía visitou a exposición de fósiles que hai na Biblioteca Miguel González Garcés, durante a sesión de clase do día 11 de marzo.

         

CONCURSO "DEBUXANDO CIENTÍFICAS"

DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

Rematou o concurso de debuxos sobre Científicas, concurso para conmemorar o "11 FEBREIRO: Día Internacional da muller e da Nena na Ciencia".

OS DEBUXOS ESTARÁ EXPOSTOS NO 1º ANDAR  DO EDIFICIO PRINCIPAL .                             

                      Debuxos premiados  

                                                                                                                      1º CICLO: Dora Noemí Yañac Anchari (1º ESO B)                 2º CICLO: Valeria Medina Silva (4º ESO C)

                                                                      

11-F: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O día 11 de Febreiro é o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

Para conmemorar esta data, parte do alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO fixo uns carteis sobre científicas, que se atopan expostos no 1º andar do edificio principal e que se poden ver na  presentación adxunta:

 

VISITA Á CASA DAS CIENCIAS (31/10/2023)

O 31 de Outubro o alumnado de 1º ESO fixo unha saída á Casa das Ciencias. Alí experimentaron as distintas actividades dese museo científico e asistiron a unha sesión do Planetario.

Andrea Suleimán (4º ESO) logra o 2º posto no IV Premio Isabel Zendal de pensamento crítico

A alumna Andrea Suleimán Casalderrey, de 4º ESO, obtivo o segundo lugar na IV edición dos premios Isabel Zendal de Promoción do pensamento crítico en Educación Secundaria e Bacharelato. Andrea concursaba na categoría B, para o alumnado de 4ºESO, 1º e 2º de Bacharelato e dos ciclos formativos de grao medio.

O seu traballo, presentado baixo o lema "Sofía" titúlase "As fraudes da saúde e a desinformación na actualidade". O traballo, que se pode ler picando na ligazón, analiza as fraudes para a saúde que xurdiron nos últimos tempos, como a homeopatía e demais pseudociencias. A través da análise de tres casos particulares (os parches para adelgazar "Slimemerstar", o spray "Hondrox" e as cápsulas "Reduslim"), aproveita para reflexionar sobre o tipo de publicidade e de obxectivos que perseguen este tipo de produtos.

Para a realización do traballo, Andrea contou co asesoramento do seu profesor de Cultura Científica, Sergio Núñez.

Moitos parabéns, Andrea!

Que fai unha científica?

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o venres 11 de febreiro acudiu ao centro a Doutora Socorro Castro García, investigadora e profesora da Universidade da Coruña. O obxectivo desta visita era o de visibilizar as mulleres que se adican a estudos e carreiras profesionais de Ciencias. Ao tempo queríase espertar a vocación científica entre o alumnado.

A nosa convidada estudou Química na Universidade de Santiago de Compostela. Dende entón participou en múltiples proxectos de investigación e presentou o resultado dos seus traballos en moitos congresos internacionais e revistas científicas. Realizou estancias en varios centros de investigación internacionais como as universidades de París e Berkeley, o European Sincrotron Radation Facility (ESRF) e o Institute Laue-Langevin (ILL), ambos en Grenoble (Francia). Así mesmo, fai labores de divulgación científica e imparte charlas e obradoiros para todo tipo de público.

Durante a charla contounos que fai unha científica, como se fixo investigadora, que é o que máis lle gusta investigar (materiais para facer baterías, nanopartículas para o transporte de medicamentos, gafas que escurecen dándolle a un botón…) e tamén cales son as súas afeccións (a montaña, os viaxes e a fotografía).

Grazas a Socorro (ou Suqui, que é como lle gusta que a chamen) aprendemos que as mulleres científicas son mulleres próximas a nós que se superan para crecer profesionalmente e mellorar o mundo que nos rodea. Con dedicación e esforzo todos e todas podemos ser científicos/as!!!!