Título node Learning object

IV Edición dos Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato
Ven, 11/02/2022 - 13:25
Premio Isabel Zendal

O concurso ten como obxectivo fomentar a práctica do escepticismo, entendido como o pensamento crítico e racional como ferramenta indispensable para a comprensión do mundo e a toma de decisións na vida diaria, especialmente entre a xuventude, vítima en moitas ocasións do engano, a manipulación e a difusión de noticias e crenzas falsas.

O xénero literario será o artigo periodístico, a exposición divulgativa dun experimento desenvolvido polo alumnado, o conto ou o relato curto. Os traballos integrarán os valores do pensamento escéptico, e científico, a difusión do coñecemento, a perspectiva de xénero, a ciencia e os seus métodos e a refutación das pseudociencias, a loita contra a difusión de enganos e noticias falsas, así como a loita contra as diferentes violencias que se perpetúan a través de bulos que atentan contra a dignidade das mulleres, colectivos LGTBI+ ou inmigrantes, entre outros.

Poderá participar o alumnado escolarizado en centros educativos españois entre 1º de educación secundaria obrigatoria e 2º de bacharelato.

Establécense dúas categorías de participación:

(i) categoría A, para o alumnado de 1º a 3º de educación secundaria obrigatoria e FP básica

(ii) categoría B, para o alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria a 2º de bacharelato e dos ciclos formativos de grao medio

As persoas participantes deberán entregar traballos individuais totalmente inéditos. Os textos poderán estar escritos en galego ou castelán.

Para ter máis información destes premios pode consultar as súas bases na seguinte ligazón.