Andrea Suleimán (4º ESO) logra o 2º posto no IV Premio Isabel Zendal de pensamento crítico

A alumna Andrea Suleimán Casalderrey, de 4º ESO, obtivo o segundo lugar na IV edición dos premios Isabel Zendal de Promoción do pensamento crítico en Educación Secundaria e Bacharelato. Andrea concursaba na categoría B, para o alumnado de 4ºESO, 1º e 2º de Bacharelato e dos ciclos formativos de grao medio.

O seu traballo, presentado baixo o lema "Sofía" titúlase "As fraudes da saúde e a desinformación na actualidade". O traballo, que se pode ler picando na ligazón, analiza as fraudes para a saúde que xurdiron nos últimos tempos, como a homeopatía e demais pseudociencias. A través da análise de tres casos particulares (os parches para adelgazar "Slimemerstar", o spray "Hondrox" e as cápsulas "Reduslim"), aproveita para reflexionar sobre o tipo de publicidade e de obxectivos que perseguen este tipo de produtos.

Para a realización do traballo, Andrea contou co asesoramento do seu profesor de Cultura Científica, Sergio Núñez.

Moitos parabéns, Andrea!

AdxuntoTamaño
IV Premios Isabel Zendal.pdf143.37 KB