Skip to Content

Seccións bilíngües

DIARIO DA VIAXE A LONDRES 2014

DESCARGAR CARTAZ  (imaxes e comentarios)             VER GALERÍA DE FOTOS

A VIAXE XORNADA A XORNADA

MARTES,  24

 1º Destino: Aereoporto Coruña / Heathrow : un autobús trasladounos ao aereoporto da Coruña e logo de facturar, comer e recibir a nosa primeira lección de Historia embarcamos entre risos  e berros ¡ para algúns era o su primeiro vóo!,

      Ás  15:10 despegamos, dúas horas máis tarde aterramos en Heathrow .Nos, ansiosos e cadrou hora punta! chegamos ao hotel Royal National. Tras o reparto de habitacións e reconto de alumnos saímos coñecer a cidade

 

A SECCIÓN BILINGÜE VIAXA A LONDRES

 Un grupo de 21 alumnn@s que integraron a sección bilingüe de 1ºESO o curso pasado realizou unha interesante viaxe a Londres. Tanto a saída, prevista para o día 24 de setembro como a volta, o día 28 do mesmo mes foron dende o aeroporto da Coruña. 

En dias sucesivos iremos poñendo en rede moitas fotos desta viaxe. Polo de agora podedes  consultar o programa da viaxe aquí.

GALERÍA DE FOTOS.

 

CLIC NESTA IMAXE PARA LER O DIARIO DA VIAXE A LONDRES 2013

AS SECCIÓNS BILINGÜES

mapas_mundoDefinición.

  • Unha sección bilingüe é a organización da ensinanza dunha área ou materia non lingüística que se cursa cun grupo de alumnos dun xeito bilingüe: en galego ou castelán, segundo corresponda de acordo coa normativa vixente en materia de normalización lingüística, e nunha lingua estranxeira falada na Unión Europea, que é impartida como área ou materia ao devandito grupo de alumnos e alumnas.
  • A súa finalidade é reforzar as aprendizaxes da lingua estranxeira a través da incorporación parcial do seu uso como vehículo de comunicación na área, materia ou módulo en que se desenvolve, así como a adquisición da terminoloxía específica.
  • A incorporación da lingua estranxeira na sección bilingüe farase progresivamente, incrementando a súa presenza ao longo do seu desenvolvemento.


Estrutura e organización dunha sección bilingüe.

  • O alumnado que participe nun proxecto de sección bilingüe cursará obrigatoriamente a lingua estranxeira da devandita sección.
  • O currículo das áreas, materias ou módulos non lingüísticos das seccións bilingües será o establecido na normativa vixente con carácter xeral. Porén, no caso da educación secundaria obrigatoria, o bacharelato e a formación profesional específica, o alumnado poderá recibir un máximo de dous períodos semanais de clase de reforzo do idioma, como ampliación do seu horario lectivo, que serán impartidos polo seu profesorado especialista de lingua estranxeira, se as necesidades formativas así o requiren e os recursos do centro o permiten.
  • A avaliación e promoción do alumnado axustarase en todos os casos aos procedementos establecidos na normativa vixente con carácter xeral. Para este fin, o Nº 87  Luns, 7 de maio de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 7.149 profesorado das áreas, materias ou módulos non lingüísticos recibirá o apoio do profesorado especialista do idioma da sección para avaliar a adquisición de competencias lingüísticas do alumnado en relación á súa materia. Ao remate de cada curso, o alumnado que sexa cualificado positivamente na área, materia ou módulo obxecto da sección bilingüe recibirá unha credencial oficial expedida polo centro, conforme participou nunha sección bilingüe, que se fará constar mediante dilixencia no seu libro de escolaridade e no seu expediente académico.



Alumnado.

  • Poderá acceder ás seccións bilingües o alumnado matriculado en calquera dos cursos das etapas para os que o seu centro estea autorizado. Así mesmo, a incorporación de alumnado a unha sección que vén de anos anteriores ou na metade de curso por traslado doutro centro tamén é posible baixo a decisión do profesorado implicado no proxecto.
  • O alumnado que forme parte dunha sección bilingüe non poderá abandonala antes de rematar o curso escolar, salvo por razóns xustificadas ante a dirección do centro e coa autorización desta.
  • A incorporación dun alumno ou unha alumna a un proxecto de sección bilingüe requirirá a autorización por escrito dos pais, nais ou titores/as legais. O centro establecerá as medidas oportunas para fornecer a suficiente información ás familias sobre o funcionamento das seccións bilingües.
  • Hai un número mínimo de alumnado para desenvolver unha sección bilingüe (ou para pór en marcha unha nun curso distinto dos que teña autorizado) para garantir a continuidade do proxecto bilingüe.
  • No caso de que nun ano escolar un curso dunha sección bilingüe non acade o número mínimo de alumnos/as, o seu desenvolvemento nese curso quedará en suspenso.

EXCURSIÓN A LONDRES SETEMBRO 2012

london

   Un grupo de 19 alumnos/as que comezan este ano 2º ESO na sección bilingüe visitaron Londres entre o 25 e o 29 de setembro acompañados por profesoras do centro. O obxectivo desta viaxe foi esencialmente poñer en contacto  aos alumnos/as coa lingua, a cultura e os costumes ingleses e facer, na medida do posible unha inmersión lingüística.  A seguir podes ver o programa completo e as fotos:

 

GALERÍA DE FOTOS

Programa da visita

Distribuir contido


by Dr. Radut