Skip to Content

Novas en Bibliomalveiras

PRESENTACIÓN DO NOVO LIBRO DE ANTÓN BLANCO EN BIBLIOMALVEIRAS

O noso ex-alumno Antón Blanco pasou por Bibliomalveiras para responder ás preguntas dun equipo formado por alumnado de 1º de Bacharelato. E así foi como se desenvolveu a presentación do seu libro A oseira,  dun xeito dinámico e interesante. Aquí queda o vídeo da presentación para que todas as persoas interesadas que non puideron asistir.

Esta é a ligazón ao blog de Bibliomalveiras para obteren información máis polo miúdo.

 

ACTOS DO DÍA DA MULLER

Bibliomalveiras acolleu este mércores 8 de marzo de 2017  esta performance do alumnado de Música e Artes Escénicas a prol da muller e do seu legado en moitos casos menosprezado e case esquecido.

Testemuña desta homenaxe é a árbore chea de follas con reseñas da vida e obra de mulleres extraordinarias que todo o mundo pode ver e consultar en Bibliomalveiras.

Outra das iniciativas deste día foi a colocación nas escaleiras de fotocopias coas vidas de 100 mulleres galegas, unha publicación que a Xunta puxo á disposición de todo o mundo e que é un documento interesante para toda a sociedade galega.

Outra das catividades promovidas por Bibliomalveiras foi a participación de todo o alumnado nun concurso sobre mulleres excelentes en diferentes campos como a ciencia, as artes, a educación, a literatura, etc. O alumnado participou moi activamente no mesmo.

Ademais diso o noso centro educativo sumouse á iniciativa de gardar uns minutos de silencio polas 21 mulleres asasinadas a causa da violencia machista no que vai de ano. Unha alumna do centro leu un comunicado ao que todo o mundo pode expresar o seu acordo asinando nos taboleiros situados na entrada principal do instituto.

Para coñecer en detalle  estas e outras inciativas levadas a cabo no día da muller visitade o blog de Bibliomalveiras.

BOAS FESTAS!

 BIbliomalveiras quere desexarvos unhas felices festas:

O IES do Carril quere desexar a todo o mundo un 2017 cheo de éxitos e de bo traballo.

NADAL EN BIBLIOMALVEIRAS

Este ano Bibliomalveiras sorprendeunos cunha felicitación de Nadal ben especial chea de bós desexos.  Pola súa banda o club de lectura Tira da páxina tamén fixo a súa particular árbore de Nadal cunhas recomendacións de lectura para estas datas.

Podes ver máis recomendacións de lectura aquí , recomendacións de cine aquí e máis imaxes da biblioteca aquí. Asimesmo podedes seguir a evolución do encerado coa reflexión Antes de morrer quero... aquí

Para ampliar fai clic nas imaxes

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O BACHARELATO ARTÍSTICO PASOU POLA BIBLIOTECA

Por segunda vez en pouco tempo, o alumnado de Bacharelato Artístico escolleu a Biblioteca escolar como o lugar idóneo para unha fermosa actuación que deixou a todo o mundo sorprendido. Sen queredes podedes ver as performances que xa están no blog de Bibliomalveiras. Neste vídeo podedes ver a actuación do día 2 de decembro.

O BACHARELATO ARTÍSTICO PASOU POLA BIBLIOTECA

Por segunda vez en pouco tempo, o alumnado de Bacharelato Artístico escolleu a Biblioteca escolar como o lugar idóneo para unha fermosa actuación que deixou a todo o mundo sorprendido. Sen queredes podedes ver as performances que xa están no blog de Bibliomalveiras. Neste vídeo podedes ver a actuación do día 2 de decembro.

O ESPAZO VERDE DO I.E.S. CARRIL

Con moita emoción por parte de alumnado e profesorado, presentouse oficialmente o libro O espazo verde do I.E.S Carril,  froito do esforzo combinado dun equipo formado por alumnado de 1ºESO do curso 2015-16, profesorado de Bioloxía, profesorado de Artes, dirección do centro e o equipo de biblioteca escolar. Son cincuenta páxinas destinadas sobre todo á utilización académica nas aulas de bioloxía pero tamén historia viva do noso centro educativo que toda persoa interesada pode consultar. Os asistentes ao acto de presentación puideron escoitar a algúns membros do equipo explicando en que consistíu a súa aportación. Para finalizar, os asistentes recitaron todos xuntos o himno á árbore e un poema de Cabanillas O carballo que aparece no poemario Da terra asoballada (Vilagarcía de Arousa, 1917).

VER GALERÍA DE FOTOS

Podedes atopar un exemplar de O espazo verde do I.E.S Carril en PDF listo para ler e/ou imprimir premendo na portada do libro ou no menú lateral publicacións. Premendo nos xornais podedes ler a nova na prensa de hoxe:    

       

       

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celébrase en todo o mundo o Día do Libro. Para sumarnos a esta festa houbo en Bibliomalveiras un evento moi especial.....

(Clic na imaxe para ampliar)

 Contido relacionado: Semanas negras en Bibliomalveiras

vozcarril.JPG

23 DE ABRIL: ASASINATO EN BIBLIOMALVEIRAS

J SDFSD

PRESENTACIÓN DO LIBRO "AROUSA MEDIEVAL E ROMÁNICA"

(Clic para ampliar a imaxe)

O mércores día 15 de abril tivo lugar na Biblioteca do centro a presentación do libro “AROUSA MEDIEVAL E ROMÁNICA”, obra recentemente publicada e que recolle os traballos dos distintos relatores que participaron no Simposio Arousa Medieval y Románica, celebrado en Vilagarcía no pasado mes de maio.

A presentación correu a cargo do director do Simposio e responsable da edición da obra, Augusto Guedes de Castro, antigo profesor e director do IES Miguel A. González Estévez. Asimesmo, Alicia Padín Buceta, investigadora do patrimonio medieval de Vilagarcía e antiga alumna do centro, realizou unha interesante exposición de carácter divulgativo sobre a arquitectura románica no concello vilagarcián. O seu percorrido centrouse fundamentalmente nas igrexas de S. Martín de Sobrán e S. Pedro de Fontecarmoa, dúas xoias do noso Patrimonio probablemente descoñecidas para moitos dos nosos alumnos, para os que seguro supuxo un descubremento coñecer o seu alto valor artístico e histórico. O acto estivo dirixido a todo o alumnado de 2º Bacharelato. Ao remate do mesmo foron sorteados entre os alumnos tres exemplares do libro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut