Skip to Content

PRESENTACIÓN DO LIBRO "AROUSA MEDIEVAL E ROMÁNICA"

Versión para impresoraVersión para impresora
(Clic para ampliar a imaxe)

O mércores día 15 de abril tivo lugar na Biblioteca do centro a presentación do libro “AROUSA MEDIEVAL E ROMÁNICA”, obra recentemente publicada e que recolle os traballos dos distintos relatores que participaron no Simposio Arousa Medieval y Románica, celebrado en Vilagarcía no pasado mes de maio.

A presentación correu a cargo do director do Simposio e responsable da edición da obra, Augusto Guedes de Castro, antigo profesor e director do IES Miguel A. González Estévez. Asimesmo, Alicia Padín Buceta, investigadora do patrimonio medieval de Vilagarcía e antiga alumna do centro, realizou unha interesante exposición de carácter divulgativo sobre a arquitectura románica no concello vilagarcián. O seu percorrido centrouse fundamentalmente nas igrexas de S. Martín de Sobrán e S. Pedro de Fontecarmoa, dúas xoias do noso Patrimonio probablemente descoñecidas para moitos dos nosos alumnos, para os que seguro supuxo un descubremento coñecer o seu alto valor artístico e histórico. O acto estivo dirixido a todo o alumnado de 2º Bacharelato. Ao remate do mesmo foron sorteados entre os alumnos tres exemplares do libro.

 



story | by Dr. Radut