Blogues

Anuncio novidades COVID-19.

IMPORTANTE:

Un novo curso dá comezo e, desde o Instituto Mestre Landín, queremos darvos a benvida. Recibimos a confirmación que este ano o curso comezará o día 23 para 1º ESO é 2 ESO, 24 para 3º ESO e 25 para 4º da ESO.  Próximamente nos poñeremos en contacto coas familias para informar do grupo no que está asignado ben por teléfono ou ABALAR móbil polo que é importante ter actualizada a aplicación. Achegamos o enlace ao resumo das novidades no funcionamento do centro respecto ao COVID-19.

Accede dende aquí: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmestrelandin/?q=node/879

 

Transporte escolar

Dende o servizo de mobilidade nos confirman que todos os solicitantes de transporte terán praza. Aqueles usuarios non lexítimos (fora da zona de escolarización ou menos de 2km) deberán empregar a tarxeta Xente Nova cargada. O custe do servizo será de 1,35€ coa tarxeta e cada 15 días poden recargar a tarxeta nun caixeiro de ABANCA para recibir o reintegro dado que son prazas subencionadas. Neste enlace poden ver o folleto informativo. http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmestrelandin/?q=system/files/Xente%20NOva.pdf

No curso 2020-21 as rutas de transporte Estribela-Cantodarea-Tiburcio e Alameda-Mirón-Jaime Janer pasan ao servizo de mobilidade da Xunta de Galicia, polo que é preciso que o alumnado usuario non lexítimo (todos os que vivan a menos de 2 kms ou fora da zona de escolarización) empregue a tarxeta de transporte Xente Nova cargada para acceder ao transporte escolar.

As zona zona de escolarización do IES Mestre Landín pode consultarse no seguinte mapa:

Zona de escolarización (usuarios lexítimos do transporte escolar sempre que vivan a máis de dous kilómetros do centro)

Se tes dúbidas sobre se necesitas a Tarxeta Xente Nova ou non, podes chamar ao centro para preguntar.

 

 

Máis información sobre a Tarxeta Xente Nova en www.bus.gal ou no teléfono 988687800.

 

Como conseguila?

  1. A Tarxeta Xente Nova é expedida por Abanca nunha serie de oficinas espalladas por moitos dos concellos nos que se pode viaxar con ela. Aquí podes ver o listado de oficinas comercializadoras nas novas áreas de Pontevedra e Ourense.

  2. Para non perder tempo e facilitar que todos os usuarios obteñan a súa tarxeta o máis axiña posible, deberás solicitar cita nesta páxina.

    Para aceder á web é preciso dispor dun navegador Internet Explorer 9 ou superior, Firefox, Chrome, Opera, Safari ou Edge.

  3. Ao facilitar os datos que se solicitan xerarase unha cita na oficina Abanca seleccionada. Non é necesario dispoñer dunha conta asociada.

  4. Á oficina de ABANCA seleccionada só deberás levar o teu DNI. Lembra que, se aínda non cumpriches os 18 anos, deberá solicitala o teu representante legal, que, xunto co teu DNI, terá que levar o seu DNI e o libro de familia ou documentos equivalentes. A tarxeta é gratuíta.

  5. Acordate cargar a túa tarxeta antes de viaxar con ela.

 

Calendario de exames de setembro

1-2 Setembro probas extraordinarias presenciais

4 Setembro Publicación das cualificacións da proba extraordinaria no ABALAR móbil.

4 Setembro ao 10 formalización da matrícula.

7 e 9 de Setembro periodo de reclamacións.

 

Fondo solidario e libros de texto e axudas para adquirir de texto e materia escolar.

Poden consultar no taboleiro de anuncios do centro  a listaxe provisional dos "Vales de material escolar 20/21" do alumnado 1º a 4 ESO. Publicadas tamén a listaxe de libros de texto concedidos do alumnado de 3º e 4º ESO.

PLAN DE TRABALLO PARA A SEMANA DO 15 DE XUÑO

 Accede dende TAREFAS COVID-19, na columna esquerda da páxina.

Recorda que é importante enviar as tarefas deste trimestre a través das vías que se especifican no plan de traballo. Se tes dúbidas, contacta co profesorado a través do correo electrónico do iesml.es

As tarefas para a recuperación das materias pendentes de cursos anteriores aparecen ao final dos Plans de traballo de 2º, 3º e 4º.

O venres, cando remates, envíanos o seguimento das tarefas a través do enlace que atoparás no plan de traballo.

Moito ánimo! Pídenos axuda se a necesitas.

Entrega de equipamento E-DIXGAL

Bo día. Achegamos a notificación por parte da consellería coas instrucións para a devolución dos ordenadores do alumnado de 2º ESO (ou 1º ESO que non continúe no centro). 

Importante: é preciso que acuda o responsable para asinar a entrega no documento.

Agradecemos  que devolvades o ordenador, cargador e maletín (os lápis xa están no centro) nos seguintes horarios:

2ºESO A: 23 de xuño de 10 a 12

2ºESO B: 25 de xuño de 10 a 12

2ºESO C: 26 de xuño de 10 a 12.

 

Se teñen algunha dúbida poden contactar telefónicamente co centro.

Un saúdo

 

Fondo libros

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B)

Prazo de solicitude:  Do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020

Solicitude: 

-  Fondo solidario libros

-  Axudas adquirir libros

-  Axudas adquirir material

 

Forma de presentación:

- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identicación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento.

-  Anexo I (Solicitude)

-  Anexo II ( comprobación de datos dos membros da unidade familiar)

-  Copia do libro de familia ou documento equivalente

-  En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademáis a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Renda:

-    A renda per cápita da unidade familiar e a suma dos recadros 435 e 460 da renda do ano 2018.

 

Prazos establecidos polo centro:

Devolución de libros: Do 19 ao 23 de xuño.

Publicación listas provisionales: 24 de xuño

Reclamacións: 2 días hábiles seguintes 25-26 de xuño

Resultado reclamacións: 29 de xuño

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Xa están publicadas as modificacións das programacións didácticas de todas as materias (pendentes de revisión pola inspección). Especifícanse os cambios na avaliación e na metodoloxía debido á pandemia do COVID-19. Pódense consultar dende aquí:

 https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmestrelandin/?q=taxonomy/term/263

 

IMPORTANTE: PROCESO DE ADMISIÓN

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

 

1 - RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020.  (DOG do 6 de maio de 2020).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200506/AnuncioG0244-050520-1_gl.pdf

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_conselleira_07_05_2020.pdf

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación.

2. Novos prazos do procedemento.

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

b) Novos prazos do proceso:

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

MATRÍCULA do alumnado actual e de nova admisión:

● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria : do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

3. Adxudicación subsidiaria de postos escolares.

Con carácter excepcional, non se constituirán as comisións de escolarización. Todas as funcións para a adxudicación subsidiaria de postos escolares que se atribúen ao dito órgano do proceso de admisión serán asumidas e desenvolvidas polos servizos territoriais de Inspección educativa de cada unha das xefaturas territoriais da Consellería.

 

Manual para as videoconferencias

VIDEOCONFERENCIAS

O alumnado poderá empregar un dispositivo conectado a internet e directamente facendo click no enlace que vai proporcionar o docente e poñendo o seu nome e un correo electrónico.

Equipos EDIXGAL: De ter problemas chamar ao servizo PREMIUM 881 869 900

Ordenador Windows/ Mac: ao facer click no enlace pide instalar un complemento que debemos aceptar.

Tablets ou teléfonos: debemos instalar a aplicación de Webex Meet

 

Actividade de inglés

Aquí tedes o traballo realizado polo alumnado de primeiro da ESO e  súa profesor de inglés,  noraboa¡

Publicación de cualificacións

O vindeiro venres día 3 de abril poderán consultar as notas do alumnado a través do ABALAR MÓBIL, neste enlace teñen a información necesaria para a súa instalación e activación. Poden contactar co centro para resolver dúbidas.

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

IMPORTANTE: PROCESO DE ADMISIÓN

Instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar  en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020

 

1. PROCESO DE ADMISIÓN

 

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

 

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

Recomendacións para realización das actividades

Ten que ter en conta o seguinte para poder realizalas:

- É recomendable ter acceso a internet para realizar as tarefas, pero non imprescindible. Se por este motivo non pode realizar algunha tarefa, pode comunicarse co profesorado a través do correo electrónico para solicitar unha alternativa. En todo caso , as actividades buscan facilitar a rutina pero sen que provoquen estrés nin preocupación, dado que non son avaliables.

- As actividades non son avaliables, pero si moi importantes para que poidan recuperar o ritmo da materia cando se retomen as clases. Deben intentar manter o horario diario de clases para continuar coa rutina de actividades.

- Se queren contactar co centro é recomendable enviar un correo a iesmestrelandin@iesml.es dende a súa conta de correo iesml.es ou ao correo corporativo ies.mestre.landin@edu.xunta.es se empregan unha conta de gmail, yahoo, etc.  Importante: os correos electrónicos enviados desde a conta de iesml.es só chegan e se reciben desde outras contas iesml.es.

- Deben comprobar nas aulas virtuais que indica o profesorado, EDIXGAL, Classroom, blogs,  se hai máis recursos, materiais, actividades ou a forma de entregar as tarefas.

- Todo o alumnado e profesorado do centro conta cunha conta de correo electrónico de google pero é preciso que escriban o usuario seguido de @iesml.es. Esta conta permite enviar correos aos docentes, acceder ao google classroom e google Drive, pero non para recibir ou enviar a contas fora do @iesml.es. De non funcionar a contrasinal poden enviar un correo a ies.mestre.landin@edu.xunta.es ou a través do tlf 886151315 e poríamos en contacto con vostedes para solucionalo.
Por outra banda, o alumnado de 1º e 2º ESO ten a conta de EDIXGAL que comeza por "eda*****" e un contrasinal para acceder aos libros de texto e actividades en eva.xunta.es. Se non dispoñen deste contrasinal ou non funciona poden enviar un correo ao docente para que renove o contrasinal.

 

 

Accedendo neste enlace o alumnado pode acceder ás actividades do plan de traballo previas

 

 

Información Importante Coronavirus

COVID-19

Seguindo ás instruccións recibidas paraa atención do alumnado (http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus), publicaráse na páxina web do centro o luns 16 de marzo ás 8:30 horas o plan de traballo a realizar polo alumnado en cada unha das materias que cursan. A titoración e atención das tarefas do alumnado realizarase de forma telemática, empregando EDIXGAL, Google Classroom, correo electrónico iesml.es ou no teléfono do centro.  O luns 23 de marzo ás 8:30 publicarase na páxina web do centro un novo plan de traballo para esa semana. Atención ao público: o centro priorizará a atención ao público a través do teléfono 886151315 e o correo corporativo ies.mestre.landin@edu.xunta.es, sendo a modalidade presencial reservada só a situacións debidamente xusticadas previa cita.

 

Comunicado

Estimadas familias:
O presidente da Xunta de Galicia acaba de anunciar que a partir do luns, 16 de marzo os centros educativos suspenden todas as actividades lectivas e complementarias  durante catorce días; e maña a asistencia do alumnado é voluntaria.
En canto dispoñamos de máis información a notificaremos a través desta canle.
Esta previsto que maña se publique o decreto de medidas no DOG.
Un saúdo

instrucións admisión 2020/2021

 

Proceso de Admisión de Alumnado                                        Curso Escolar 2020/21

 

a) Normativa reguladora do procedemento de admisión.

 

  • DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes  sostidos  con fondos  públicos  que  imparten  as  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria, de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

b) Postos escolares ofertados para o curso académico

 

Nome do curso

Número de vacantes

1º ESO

15*

2º ESO

0

3º ESO

7

4º ESO

7

 

* 5 prazas reservadas para alumnado NEAE

 

c) Prazo de presentación das solicitudes de admisión.

 

Presentación de solicitudes de admisión

Do 01 ao 20 marzo  (debido ao carácter non lectivo do día 20 de marzo no centro aceptaranse solicitudes ata o día 23  de marzo inclusive. Na sede electrónica o prazo remata o día 20 de marzo

 

Dispoñen de dúas vías para solicitar a admisión

 

1 - Presentar o Anexo II na Secretaría do centro que soliciten en primeiro lugar.

 

 Horario de Secretaría do noso centro: 9:30 a 13:30.

 

2 - Presentar a solicitude a través da aplicación informática: "admisión de alumnado"

 

En ambos casos é preciso que cumprimenten o ANEXO A e o entreguen na secretaría do centro.

 

d) IMPORTANTE

 

1. UNHA ÚNICA SOLICITUDE A solicitude de posto escolar será única para unha mesma ensinanza e poderá recoller varios centros por orde de preferencia. O alumnado que non resulte admitido no primeiro centro elixido será baremado nos seguintes centros en que existan vacantes, seguindo a súa orde de preferencia

 

2. PERDA DOS DEREITOS DE PRIORIDADE:

 

·      Presentación da solicitude fóra de prazo

 

·      Presentación de máis dunha solicitude en centros distintos.

 

·      Acreditar ou presentar datos que non se axusten á realidade.

 

3. COMUNICACIÓN AO CENTRO DE ORIXE:

 

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

4. COMUNICACIÓN DA RENUNCIA Á RESERVA DE PRAZA: O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

 

e) Prazo de presentación da documentación xusticativa dos criterios alegados para o baremo, se é o caso.

 

Se o número de solicitudes e maior que as prazas ofertadas, poderán presentar, con caracter voluntario, a documentación acreditativa dos criterios de baremo no prazo de 10 días hábiles contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo de solicitudes de admisión: PRAZO: do 26 de marzo ao 14 de abril 

 

Alegación de méritos

10 días hábiles a contar dende o  26 de marzo

 

Documentación alegación méritos: *Documentación a entregar no caso de non autorizar a comprobación electrónica

 

-       DNI*.

 

-       Libro de familia (orixinal e copia).

 

-       Volante histórico de convivencia.

 

-       Copia contrato (alegación cando o lugar de traballo é próximo ó centro).

 

-       Renda (ano 2018) Suma Base impoñible xeral (435) + Base impoñible aforro (460) *. Para a aplicación da puntuación do criterio, utilizarase o Indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) anual correspondente ao ano 2018, que está fixado en 6.454,03 euros.8 


 

-       Orixinal e copia do título de familia numerosa*.

 

-       Certificado de discapacidade (alumno/a, irmán ou pai/nai)*.

 

 

 

f) Calendario que inclúa a data de publicación das listaxes do alumnado admitido e non admitido e os prazos para formular reclamación.

 

Listaxe provisional de admitidos

Antes do 25 de abril

PRAZO DE RECLAMACIÓN

5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación:  Do 27 de abril ao 4 de maio

Listaxe definitivo de admitidos

Antes do 15 de maio

 

 

 

g) Prazo para formalizar a matrícula que deberá axustarse ao modelo normalizado do anexo III desta orde.

 

Formalización de matrícula

 

 

Prazo Ordinario:  Do 25 de xuño ao  10 de xullo

Prazo Extraordinario: Do 1 ao 10 de setembro.

 

 

 

h) Centros que ten adscritos, e adscrición do centro a outro ou outros, se é o caso.

 

O centro recibe alumnado dos centros adscritos CEIP do Carballal e do CEIP da Laxe.

 

i) Área de influencia do centro:

 

As zonas de influencia do CEIP do Carballal e do CEIP da Laxe.

 

ÁREA LIMÍTROFE

 

Son zonas limítrofes deste centro as áreas de influencia do CPR Calasancio e CPR Sagrado Corazón de Jesús (Rúa da Estrada) e os concellos de Poio, Marín e Vilaboa.

 

 

 

O centro recolle as áreas de influencia dos centros adscritos de primaria:

 

ÁREA DE INFLUENCIA  do CEIP do CARBALLAL

 

Perímetro:

 

Polo norte límite do concello.

 

Polo oeste rúa Concepción Arenal, ambas as dúas beirarrúas ata confluencia da mesma coa rúa Pitanxo. Rúa Pitanxo (beirarúa norte). Prolongación da rúa Estivada ata confluencia co camiño Canteira (beirarrúa leste). Camiño Canteira ata a confluencia da rúa Inferniño (beirarrúa leste). Rúa Inferniño ata confluencia coa rúa do Cementerio (beirarrúa leste). Rúa do Cementerio (beirarrúa sur), camiño Raposeiras ata intersección de rúa da Estrada e rúa do Cementerio vello (beirarúa oeste). Rúa da Estrada entre rúa do Cementerio Vello e rúa Ezequiel Massoni (beirarrúa sur). Rúa Ezequiel Massoni dende intersección coa rúa da Estrada ata intersección con rúa Recamán (beirarrúa leste). Rúa Recamán entre intersección con rúa Ezequiel Massoni e rúa Jaime Janer (beirarrúa leste). Rúa Jaime Janer dende intersección con rúa Recamán ata a súa conversión na PO-313 (beirarrúa leste). A Estrada PO-313 dende o punto anterior ata o límite do concello incluíndose ambas beirarrúas da mesma e as confluencias á mesma.

 

Polo leste límite do concello. Polo sur límite do concello.

 

 

 

ÁREAS LIMÍTROFES

 

Son zonas limítrofes deste centro as zonas de influencia do CEIP A Laxe, CEP Sequelo e CEIP de Seixo

 

ÁREA DE INFLUENCIA  DO CEIP DA LAXE

 

Perímetro:

 

Polo norte ría de Pontevedra

 

Polo oeste límite do porto comercial. Rúa da Estrada dende confluencia coa avenida de Ourense ata confluencia con rúa do Cementerio Vello (beirarrúa leste). Camiño Raposeiras dende intersección de rúa da Estrada e rúa do Cementerio vello (beirarúa leste). Rúa do Cementerio (beirarrúa norte).

 

Polo leste Camiño Canteira dende confluencia coa rúa do Cementerio (beirarrúa oeste) ata a confluencia da rúa Inferniño (beirarrúa oeste). Camiño da Canteira dende confluencia coa rúa Inferniño ata confluencia coa prolongación da rúa Estivada (beirarrúa oeste). Rúa Pitanxo dende confluencia coa rúa Estivada ata confluencia coa rúa Concepción Arenal. Rúa Concepción Arenal (excluída) ata o límite do concello.

 

Inclúese neste perímetro todo o porto comercial.

 

 

 

ÁREAS LIMÍTROFESSon zonas limítrofes deste centro as áreas de influencia dos centros: CEP Sequelo e CEIP do Carballal.

 

j) Servizos complementarios que ofreza o centro, identicando a normativa concreta que os regule.

 

TRANSPORTE ESCOLAR GRATUITO

 

1.            Coirados, Vista Alegre 2, Vista Alegre 1, Pardavila Canteira, Pardavila 2, Pardavila 1, Pazo Cadro,Cadrelo, Miñán 2, Miñán 1 e Pastoriza.

 

2.            Jaime Janer, Alameda e Mobles Mirón.

 

3.            Tiburcio, Cantoarea (Capela), Cantoarea (Todo a cen) e Estribela (farmacia).

 

 

 

i) Comedor escolar: O Ceip A Laxe ofrece a posibilidade deste servizo no seu centro.

 

ALUMNADO XA MATRICULADO NO NOSO CENTRO

 

O alumnado que vaia permanecer no noso centro únicamente terá que formalizar a matrícula cara o vindeiro curso no periodo establecido.

 

ALUMNADO QUE SOLICITE TRASLADO A OUTRO CENTRO

 

Solicitar en Secretaría un Certificado de Matrícula que entregará no Centro ao que queira trasladarse.

 

·      Presentar a solicitude de admisión xunto co certificado de matrícula no novo centro no que desexe matricularse.

 

·      Entregar no noso centro unha copia da solicitude de admisión ao novo centro.

 

 

Xornadas de formación en mediación

O noso centro leva varios anos buscando novos enfoques para a resolución de conflitos entre o alumnado. Ante este tipo de situacións conflitivas, foron desenvolvéndose modelos de intervención nos que son as propias partes implicadas as que atopan e acordan a solución, “a súa solución” ao problema, xerando non só uns bos resultados con respecto á resolución dos conflitos, senón tamén con respecto á prevención de futuros problemas, polo que a mellora da convivencia no centro é notoria.

A decisión de implantar esta ferramenta nos primeiros cursos de secundaria, onde comezan a aparecer os primeiros conflitos, respondeu á necesidade de anticiparse á mesma dotando ao alumnado dunha serie de coñecementos, habilidades e competencias necesarias para encarar o conflito de forma pacífica e cooperativa.

Para facilitar a adquisición de esta nova ferramenta de resolución de conflitos, como é a mediación, resultou moi recomendable realizar unha primeira etapa de formación en habilidades previas á mediación escolar. Esta está centrada no adestramento de Competencias Sociais e Resolución de Conflitos para dotar a todo o alumnado de 2º da ESO das habilidades necesarias para a convivencia e a solución pacífica de conflitos e máis especificamente para o desenvolvemento do seu rol como Mediadores/as Escolares (aqueles seleccionados para a súa formación específica).

Esta semana retomamos as sesións de formación con diferentes actividades, financiadas cunha dotación do Contrato-Programa da Consellería de Educación. Esta formación inclúe temas como a asertividade e a intelixencia emocional. Destaca a importancia dos factores cognitivos (crenzas, valores, formas de percibir e avaliar a realidade), emocionais e a súa importante influencia na comunicación, as relacións interpersoais e a resolución de conflitos.

Así, preparando ao alumnado neste tipo de habilidades, fomentarase un axeitado funcionamento psicolóxico, académico, social e emocional, o que facilitará o enfrontamento e resolución de conflitos de forma axeitada, pacífica e dialogada. Todo isto redundará, sen lugar a dúbidas, nun clima máis positivo e na mellora da convivencia no centro e na súa próxima vida adulta.

25 N (máis cousiñas)

Xa temos o planing das actividades que imos a desenvolver o próximo luns 25 de Novembro e que son abertas tamén para as Familias.

Actividade Musical 1ª: dende as 10:30 ata o recreo os alumnos de 2ºA, 2ºB e 4º deleitaranos cun concerto na biblioteca do centro.

Actividade Musical 2ª: a partir do recreo e na seguinte hora que comeza as 11:20 os alumnos de 2ºC e 3º serán eles os que poñan a nota musical tamén na Biblioteca do centro.

Agardámoste!!!

25 N (Día Intelrnacional da Eliminación da Violencia contra a Muller)

O vindeiro luns 25 de Novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Dende o Mestre Landín queremos conmemorar este día cunha serie de actos e actividades que se irán publicando. Estade atentos!!!

Programación 2019/20

Programacións 2019/20

Programacións 2019/20

Distribuir contido