Punto Laranxa contra o acoso escolar

ACTIVIDADES 11F

Organizado polo Club Zalatecno, un curso máis celebramos en Zalaeta a semana de visibilización da muller e a nena na ciencia e na tecnoloxía promovida pola ONU e pola iniciativa 11F. A pesares das circunstancias, contaremos con moitas charlas (presencias ou online) e actividades que se desenvolverán entre o día 2 e o 12 de febreiro. Para mantervos informados e informadas, seguida as redes (@zalatecno en Instagram, @tecnozala en Twitter) ou consultade a páxina web de Zalatecno.

 

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

ESCAPARATE DUNHA TENDA DE ESQUÍ

Desde o ano 1987 non se ve a neve  na cidade da Coruña. En Zalaeta gústannos os retos...e o "efecto Filomena" deixou a súa pegada no instituto a través deste escaparate co que o alumnado de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais Dual nos convida a desfrutar do esquí.

 

O SON DAS AULAS - CLUB DE LETRAS

Esta semana Zalaeta vestiuse de gala para a estrea de "O Son das Aulas". Á presentación do proxecto asistiu unha representación do alumnado que colabora nesta marabillosa iniciativa. Xa tedes dispoñible o primeiro podcast, ao que se pode acceder desde esta web, premendo no apartado de "O Son das Aulas". Queremos dar os nosos parabéns tanto ao alumnado participante como ao grupo de profesorado que se implicou para coordinar e impulsar esta nova actividade. Convidámosvos a escoitar, sentir, participar e deixarvos acompañar. Porque, en tempos de pandemia, Zalaeta segue medrando!

 

 

LIGAZÓN A LA VOZ DE GALICIA

LIGAZÓN A LA OPINIÓN DE A CORUÑA

REHABILITACIÓN DA SALA DE EXPOSICIÓNS

Rehabilitación da sala de exposicións do centro grazas a unha axuda da Deputación á Asociación Cultural Zalaeta.
Os corredores da planta baixa foron pintados grazas a unha axuda da Deputación da Coruña solicitada pola Asociación Cultural Zalaeta. A subvención corresponde ao Programa dirixido ás entidades sen ánimo de lucro para realizar investimentos culturais durante o ano 2020.
Para mostrar o "cambio de look", a Asociación Cultural decidiu recuperar unha exposición sobre a figura de Ramón Menéndez Pidal feita e exposta hai xa anos no centro.
Animádevos a visitala e a coñecer a biografía e obra do filólogo que dá nome oficial ao noso centro.
 
 
 
 
 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS VIRTUAL

O martes 26 de xaneiro ás 19.30h terá lugar unha xornada de portas abertas virtual, a través de videoconferencia.

Para acceder a ela é preciso premer AQUÍ na hora de inicio prevista e conectarse usando navegador. Non se precisa chave de acceso, soamente se solicita email e nome de usuario/a no momento de acceder á sala da reunión.

VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL

ZALAETA A TODA COR!

O equipo de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais Dual, capitaneado pola profesora Sol Seoane, preséntanos este proxecto co que enchen de cor a entrada do instituto.

Debuxo e pintura para calmar o estrés e mellorar o estado de ánimo, e cores vivas para transmitir enerxía, vitalidade e boas sensacións.

 

 

    

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer