Punto Laranxa contra o acoso escolar

15º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XURXO LOBATO

Nicolás, alumno de 2º da ESO, realizou no curso pasado un traballo dirixido polo profesor Ramón Pasandín na materia de Plástica, co que conseguiu un accésit no 15º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato, organizado pola Asociación de Amigos do IES Monelos da Coruña.

 

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO 2019/2020

 

 

Ximena Sánchez Iglesias, alumna do instituto, vén de gañar un dos premios extraordianrios de bacharelato correspondentes ao curso 2019/2020. Moitos parabéns, Ximena!

Prensa

ESCAPARATE DE OUTONO

Cores de outono para encher de luz o instituto. Este escaparate deseñado polo alumnado de Escaparatismo de 2ºde Xestión de Vendas e Espazos Comerciais (Dual) xoga coa marabillosa sensación de pisar follas no outono.

 

 

  

ZALACANCELO 2020/21

 

Por segundo curso, a proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, púxose en marcha o concurso "Zalacancelo 2020/21", para elixir os dous cancelos que acompañarán ás publicacións do instituto en redes sociais ao longo deste curso. Despois dunha primeira ronda na que o EDLG elixiu dous finalistas para cada categoría, os vencedores foron:

#ZalaetaCaraAdiante de Hugo (1º ESO)

#ConDistanciaPeroXunt@s  de Celtia (2º Transporte e Loxística)

OUTONO NO PATIO

Continuamos co programa de mellora da contorna no centro. O alumnado de 1º ESO D comezou a adecentar a zona verde do noso patio. Polo de agora tocoulle ás xardineiras, e decantámonos polos breixos e a combinación de dúas cores. Mentres, os liquidámbar plantados hai xa catro anos amosan a súa cor en tonalidades granates, as máis fermosas antes de caerlles a folla.

VÍDEO

SERVIZO DE PRÉSTAMOS NA BIBLIOTECA - CURSO 2020/21

 

Para poder solicitar algún titulo, sexan libros, películas, etc. os pasos a seguir son os seguintes:

1. Escanea o co teu móbil o seguinte código QR.

ou ben entra na seguinte dirección web

 

2. Nesa páxina web atoparás o buscador para os libros. Introduce o título/autor, selecciona o exemplar e toma nota dos datos precisos para cubrir o seguinte impreso.

3. O impreso pódelo descargar deste código QR:

ue

Ou ben no documento adxunto a esta publicación.

4. Unha vez cuberto o documento, remíteo a zalaetabiblio@gmail.com. Tes que devolver o fondo pasados 15 días, nunha bolsa.

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer