Punto Laranxa contra o acoso escolar

BO NADAL!

 
O IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL quere desexarvos un Bo Nadal e transmitirvos os mellores desexos para 2021. Queremos aproveitar tamén para dar as grazas a alumnado, familias, profesorado e persoal non docente por todo o voso esforzo nesta primera avaliación. Unha avaliación na que...
✔ Aprendemos a importancia de gardar as distancias, sabedores de que tiñamos que estar máis unidos e unidas ca nunca.
✔ Tivemos que falar coa boca tapada, pero sen por iso deixar de transmitir as nosas ideas, mensaxes e preocupacións.
✔ As clases se converteron en auténticas cicloxénesis explosivas debido á ventilación e o frío, mais continuamos sen amedrentarnos porque somos #PeixesDeMoitoCoidado
✔ Lavamos as mans ata converter ese proceso nunha máis das nosas rutinas diarias.
✔ Incorporamos a formación semipresencial, decatándonos de que na aula é onde mellor estamos.
E todo isto sen deixar de aprender día a día, sendo constantes e esforzándonos para que os tres meses máis estranos da nosa vida escolar transcorrensen coa maior normalidade posible. É momento de tomar un respiro, coller folgos e coidarnos para coidar a todos os que nos rodean. Desfrutade do Nadal, e do merecido descanso. En xaneiro, voltamos!
...........................
CONCURSO DE POSTAIS: postais gañadoras seleccionasas pola @anpaieszalaeta
1. Montse Cortizo (Dep. de Comercio)
2. Nuria Pérez (Dep. de Comercio e EDLG)
3. María Josefa Castro (Dep. de Lingua e Literatura Galega e coordinadora do EDLG)
4. Alumnado de 1A da ESO
5. Martina Núñez, Julieta Surribas, Benjamín Núñez e David Carril

Misión cumplida

Desde a Directiva do ANPA Zalaeta-Campo dá Leña queremos expresar o emocionados que sentimos por tantas doazóns que recibimos para o Banco de Alimentos Rías Altas dá Coruña.

Embárganos a todos un sentimento de alegría e é grazas a vós. Si, a vós, a todas e cada unha das persoas que fixestes unha achega a esta "Campaña Solidaria dous Centros Educativos"

Queremos expresarvos o noso agradecemento e tamén o noso recoñecemento pola vosa xenerosidade, o voso gran corazón, a vosa solidariedade e o voso compromiso.

Grazas por compartir cos máis necesitados, e cos que, nestes momentos, o Covid-19 está a deixar en desamparo.

GRAZAS MIL!

ARQUITECTURA SEN FRONTEIRAS

Arquitectura sen Fronteiras, ONG de desenvolvemento fundada en 1992, segue a colaborar co noso centro. Son xa varios anos no Zalaeta con labores de recibimento do alumnado de 1° da ESO a comezos de cada curso, con traballos de mellora do patio escolar, programas de mellora da convivencia, etc. Este curso engaden ademais o inicio do proxecto “Participar para coidar”, que leva un chisco de retraso polo confinamento, pero do que iredes tendo novas pouco a pouco.

 

 

CONSELLO DE SABIAS E SABIOS

"Consello de Sabias e Sabios" é un proxecto educativo e cultural desenvolvido con alumnado de 2º da ESO que trata de dar resposta ás inquedanzas e problemáticas de situacións nas que a sociedade segue a procurar respostas efectivas.
Está inspirado na banda madrileña
Vetusta Morla

: a través da cultura, as alumnas e os alumnos poden descubrir novos mundos e intereses, e dar con novas respostas. Agradecemos a iniciativa desenvolvida pola Anpa IES Zalaeta - Campo da Leña coa colaboración da Deputación da Coruña.

 
 
 

Gracias.

.

Muchas gracias por vuestra solidaridad.

Hemos ampliado el plazo y mantendremos en la entrada principal unas cajas de recogida de alimentos hasta el viernes.
Si os va mejor por la tarde Rober estará para recoger vuestras aportaciones hasta las 19:45h  h que se cierra el instituto.

Gracias infinitas.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer