Resultado de imagen de logo fse en galego     

Criterios selección alumnado accións AK103 Erasmus +

O alumnado que desexe participar nas mobilidades AK103, para a realización do módulo de FCT na UE, ten recopilados dos criterios de selección no seguinte pdf.

 

Resultado de imagen de Erasmus

Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa IV

Desde o 9 de novembro ata o 30 de novembro estará aberto o prazo para a inscrición no programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. O proxecto é desenvolto pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados, a través do Servizo Municipal de Educación. A inscrición pode facerse a través da páxina web www.edu.coruna.es

O programa está dirixido a titulados en ciclos medios de FP y desenvolverase, ata xuño de 2017, en dúas convocatorias. A primeira, que se abre o 9 de novembro e que consta de 30 prazas, está dirixida a estudantes que remataron os seus estudos de ciclos medios de FP en xuño de 2015 ou que vaian a rematar en decembro de 2015. A segunda convocatoria, de 20 prazas, estará reservada para estudantes que titulen en xuño de 2016.

Neste sentido, para poder participar os candidatos teñen que obter o título do seu ciclo de FP en algún dos centros públicos do municipio (CIFP Anxel Casal, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES A Sardiñeira, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís, IES Calvo Sotelo, IES Fernando Wirtz ou nos centros concertados Fogar de Santa Margarida, Grande Obra de Atocha, Liceo la Paz ou Centro de Formación da Cruz Vermella, que son os centros que participan como socios no programa.

As 50 bolsas distribuense da seguinte maneira:

-              Reino Unido (Portsmouth ou Belfast): 7 prazas

-              Irlanda (Cork ou Dublín): 8 plazas

-              Italia (Roma e Florencia): 15 prazas

-              Austria (Viena): 5 prazas

-              Portugal (Lisboa): 10 prazas

-              Polonia (Cracovia): 5 prazas

As bolsas incluen todos os gastos, xa que cubren as viaxes de ida e volta, o aloxamento, un seguro de accidentes e sanitario e ademáis os participantes recibirán unha cantidade económica para a súa manutención e estadía. Esta cantidade pode oscilar aproximadamente entre os 600 e 1.000 euros mensuais, dependendo do país de destiño. O Concello tamén se encarga de organizar as viaxes, a búsqueda de aloxamentos para os participantes e a búsqueda das empresas donde farán as prácticas os seleccionados.

Máis información, en www.edu.coruna.es

 

Día da ciencia en Galego

O mércores, 4 de novembro foi o día da ciencia en galego.

Alumnado de diferentes centros de ensino secundario de Galicia participaron nunha actividade a través dunha videoconferencia para celebralo.

Resultado de imagen de día da ciencia en galego 2015

 

Centros participantes na videoconferencia

https://www.google.com/maps/d/u/0/viewer?mid=z3ab6bnSrxt4.kZIoDHX8Hpq4

Alumando de 4º de ESO e de 2º de Bacharelato, coordinados polo profesorado dos departamentos de : Fisica e Quimica, Téncoloxia e Normalización Lingüísitca participaron no evento.

Debuxa unha viñeta con Manel Cráneo: O 11 de novembro. 2 horas divertidas

https://infograph.venngage.com/p/53370/obradoiro-de-banda-deseada-no-instituto-de-zalaeta

A ANPA Zalaeta-Campo da Leña, do IES Ramón Menéndez Pidal, organiza un obradoiro de BANDA DESEÑADA.
Vaise celebrar o MÉRCORES 11 de novembro, de 5 a 7 da tarde no instituto.

Será, de inicio, este taller de 2 horas de duración. Poderíase facer máis adiante un curso de maior duración.

Contido:

UN PASEO ENTRE VIÑETAS CON MANEL CRÁNEO
 
Contidos:
1. Orixes e formatos do cómic como medio de expresión
2. O proceso creativo da historieta:
A. Buscar a idea e desarrollar o guión
B. Elementos propios da metalinguaxe da banda deseñada 
(globos, onomatopeias, metáforas visuais, elipse argumental, liñas cinéticas, etc)
B. Planificación da páxina
 
O obradoiro consta de exemplos gráficos a través de imaxes que o autor leva nun powerpoint
e sobre cada parte que van abordando irán facendo pequenas prácticas.

O prezo do taller é de 3 euros para socios da ANPA e 6 euros para non socios.


Podedes anotarvos na ANPA os martes de 16:30 a 18 horas ou neste correo electrónico: anpazalaetacdl@live.com

Erasmus +: mobilidades outubro-decembro

Alumnos:

Judit Roca Tovar

Segunda semana no destino:

“Todo muy bien, es un jugazo todo.”

https://ssl.gstatic.com/ui/v1/icons/mail/images/cleardot.gif

 

Marcos Fernández  Sanchez

 

Primer día na empresa;

 

“ He estado todo el tiempo con un chico supermajo”

 
Destino:  Nordhorn – Germany

Empresa:

Swafing Textiles

 

http://www.swafing.de/

 

Actividade de IOGA no instituto. Para profesorado, nais/pais, estudantes

Dirixida a profesorado, nais/pais, estudantes. Faise os martes a partir das 18 horas. O seu prezo é 15 euros/mes e pódese asistir a unha sesión para probar.

Ioga

 

Técnicas de apoio educativo

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer