Punto Laranxa contra o acoso escolar

Campaña Solidaria

.

ESCAPARATE DE NADAL

Escaparate realizado polo alumnado de segundo curso de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais Dual. Neste Nadal a tecnoloxía adquire máis relevancia ca nunca para manternos conectados coas nosas familias. Ceas seguras, Nadal seguro.

ENERGY CHALLENGE

Alumnado de Tecnoloxía Industrial (1º BAC) e de Tecnoloxía bilingüe (3º ESO) visitou Energy Challenge, unha experiencia itinerante e innovadora para achegar aos máis novos, e ao público en xeral, coñecementos actualizados sobre a transición enerxética, a economía circular,  a calidade do aire e as novas tecnoloxías enerxéticas.

 

PROXECTOS GALICIENCIA - ZALATECNO E DESEÑO E SON

Dous proxectos de Zalatecno e Deseño e Son seleccionados na edición de Galiciencia 2020. "Fichas Braille" e "Planos táctiles" participan na categoría de secundaria. Entra na web de Galiciencia e coñece máis sobre estes e outros proxectos participantes.

CULTURA INCLUSIVA E ACCESIBLE - FUNDACIÓN EMALCSA

Seguimos traballando para unha cultura accesible e inclusiva grazas á colaboración de Fundación Emalcsa e o seu compromiso coa Asociación Cultural Zalaeta e a Anpa IES Zalaeta Campo da Leña.

Grazas por permitir que sigan desenvolvéndose proxectos nos que alumnado, profesorado e comunidade educativa en xeral traballen pola integración e a igualdade sen barreiras.

 

Ligazón La Voz de Galicia

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer