Punto Laranxa contra o acoso escolar

Tecnoloxía

CIENCIA E TECNOLOXÍA NA RADIO

 

Continúa o ciclo de charlas de Ciencia e Tecnoloxía. Hai uns días visitounos Verónica Bolón, doutora e profesora da Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC), e académica da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España, que impartiu a charla "Intelixencia artificial: unha cuestión de xénero" no noso salón de actos ante o alumnado de 1º e 2º BAC. Nela quixo animar ás rapazas, fundamentalmente, a optar por unha saída científica para as súas carreiras. Depois, Aldara Raso e Claudia Seivane, alumnas de 2º BAC A, fixéronlle unha entrevista na radio que xa forma parte do noso arquivo sonoro.
O programa, coma sempre, dispoñible en:

PODCAST 11F

 
Novo programa de "O Son das Aulas", na sección Ciencia e tecnoloxía na radio. Nesta ocasión, a Doutora Lucía Ramos García, profesora da Área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, é entrevistada polas alumnas Iria, Sara e Leire de 1.º BAC con motivo da Semana da Muller na Ciencia e a Tecnoloxía.
Programa xa dispoñible en:

11F

PROGRAMA 3. SEMANA 11F: entrevista a Beatriz Pérez, Doutora en Informática.

Na semana dedicada ao 11F, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, Iria Campos, Pablo Neira e Beltrán Louzao de 1.º de Bacharelato entrevistaron a Beatriz Pérez, Doutora en Informática e Representante de Igualdade na UDC.  Beatriz é especialista en Bioinformática para Ciencias da Saúde e investigadora no CTIC (Centro Tecnolóxico da Información e da Comunicación), quen nos aporta a súa visión nesta semana tan importante para a visibilidade da muller na ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas.

 

Blog O Son das Aulas

Ivoox

Spotify

11F

SEMANA 11F: Os lévedos: seres minúsculos cunha importancia maiúscula.

As investigadoras Sara Expósito e Olalla Liz, axudantes de investigación en I+D en Estrella Galicia, desenvolveron a charla "Os lévedos: seres minúsculos cunha importancia maiúscula". A ponencia tivo lugar na nova sala de Polos Creativos que o centro está a poñer ao día nesta segunda avaliación. Asistiron á mesma todos os alumnos que cursan a liña de Ciencias de 1.º e 2.º BAC. Previamente os alumnos  Xoel Rego de 1.ºBAC A e Pedro Janikashvili de 2.º BAC A  fixéronlles unha entrevista na radio que se centrou máis nos seus estudos na facultade e en orientación universitaria, pois pertencen á primeira promoción de Biotecnoloxía da Facultade de Santiago.

A entrevista está xa dispoñible en:

 

PREMIO ZALATECNO

Durante a pasada semana mais de 800 escolares galegos de ESO e Bac participaron no Ágora na 12ªedición de "A maxia de robótica" Obradoiro o e concurso organizada por IGACIENCIA (Institución Galega de Ciencia) coa colaboración do da Concellería de educación de A Coruña no marco do seu programa formativo en Robótica e programación . Nesta fase participou con moito interese alumnado do noso centro, dos grupos de Educación dixital de 3º, Tecnoloxía de 4º de ESO, de Tecnoloxía e enxeñaría e de TICs de 1º de Bac.
 Como segunda parte desta actividade formativa tres grupos representaron ao alumnado de Zalaeta e participaron no Obradoiro e concurso de Drons: Guillermo, David e Rodrigo de 3.° da ESO, e Gianni, Noa e Pablo de 4.°e José e Javier de 1º de Bac, cós profesores Belén Abella, José Mendoza e Paz Freire.
 O grupo gañador  por ter obtido a mellor puntuación na competición tras superar os retos propostos foi o formado por Javier de la Cruz e José Francesch, de IES Menéndez Pidal, coa súa profesora Paz Freire.
 Mais información en Igaciencia e en Educa Coruña e nas redes do noso Club de ciencia e tecnoloxía ZalaTecno  (@zalatecno en Instagram, @tecnozala en Twitter) e en La Voz de Galicia
 
 
 

FRASES PARA UN ANO DE COVID-19

O Departamento de Física e Química, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Club de Ciencia e Tecnoloxía, preséntanos a través deste vídeo a actividade realizada conxuntamente por 2º e 3º de ESO. Dita actividade consiste en realizar frases relacionadas coa COVID-19 utilizando os símbolos dos elementos químicos para: expresar as súas emocións tras un ano de pandemia, fomentar a prevención da transmisión  con suxestións, animarnos con frases optimistas, etc. Os traballos realizados amosaranse a través dunha exposición no centro.

LIGAZÓN AO VÍDEO DE PRESENTACIÓN

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer