Punto Laranxa contra o acoso escolar

Tecnoloxía

VISITA INDITEX

  •  
    Alumnado de Tic2 e Tecnoloxía Industrial visitou esta semana a sede de Inditex, en Arteixo

ASOCIACIÓN CULTURAL ZALAETA - PROXECTO DESEÑO E SON

O proxecto Deseño e Son da Asociación Cultural Zalaeta, entre os seleccionados para continuar no curso 2020 o proxecto inclusivo de Música e Tecnoloxía. Parabéns a todos e a todas as que o facedes posible, e a Paz e Isabel, profesoras de Tecnoloxía e Música, respectivamente.

PREMIO DESAFÍO STEM DE IMPRESIÓN 3D

O proxecto "Planos para tocar", desenvolvido polo alumnado de 3º da ESO no curso 2018-19 dentro das actividades do Club de Ciencia Zalatecno e do Proxecto Deseño e Son (financiado pola Fundación Emalcsa) acadou esta semana o premio Desafío STEM de Impresión 3D. Podedes obter máis información sobre a actividade na web de Deseño e Son e na web do Club de Ciencia.

Os nosos parabéns por este máis que merecido premio!

 

SEMANA DA ROBÓTICA

Do 25 ao 29 de novembro  a Robótica ocupará un lugar destacado en Zalaeta.

  • Alumnado de 2º de ESO no Obradoiro Acércate a Robótica  na Fundación Barrié con Mbots e tablets, 
  • Alumnado de 3º e 4º de ESO (de Tecnoloxía e club de ciencia) , de 1º e 2º de Bacharelato (de Tecnoloxía Industrial e Tics) no Obradoiro-Concurso "A maxia da Robótica" organizado por Igaciencia.
 
 
 
     
 

VI Congreso TADEGA. A Coruña 2019.

As experiencias de colaboración, inclusión e impresión 3d do proxecto Deseño e Son da Asociación Cultural Zalaeta foron presentadas por Paz Freire (IES Zalaeta) e Felo Couto (Aspronaga) no Congreso TADEGA na Universidade da Coruña a docentes de todos os niveis educativos.
 
Docentes e investigadoras-es participaron no obradoiro de deseño e impresión 3d posterior e iniciaronse ao que aprende o alumnado do IES Zalaeta que deseña obxectos de axuda para o proxecto.
 
As actividades inclusivas de música e tecnoloxía recibiron moitos parabéns na presentación. Parabéns para todos-as os participantes en Deseño e Son.
 
 
    
 
 

OSHWDem 2019

Participación na OSHWDem do Club de Ciencia e Tecnoloxía co proxecto inclusivo da Asociación Cultural Zalaeta Deseño e Son subvencionado pola Fundación Emalcsa.

Alumnado de 3º e 4º de ESO participou cos docentes Carlos L., Ramón P., Tono F., Xosefa C., Jay W. e Paz F.
Compartimos a xornada cos nosos socios no proxecto do CEE Lourdes (Aspronaga) coordinados por Felo C.
Unha xornada positiva e enriquecedora para tod@s.
 
Mais información e fotos en Twitter (do proxecto @DesenoE, do Club de Ciencia @TecnoZala) en Instagram (@Zalatecno) e na web.
 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer