Resultado de imagen de logo fse en galego     

Música

Vlll Encontro de alumnos de música de secundaria de Galicia

Os alumnos do noso instituto inauguraron cunha peza xaponesa o Vlll Encontro de alumnos de música de secundaria de Galicia. A xornada organízouna un grupo de docentes entusiastas, pertencentes á Asociación de Profesores de Música de Secundaria de Galicia, ASOMUSICA. No encontro participaron 15 centros públicos de toda Galicia. 

Enlace crtvg

Os alumnos de ASPANAES asisten aos nosos concertos na aula de música

Dentro do noso proxecto "Deseñando e unindo sons", subvencionado economicamente pola Fundación Emalcsa, contemplamos distintas interaccións, concertos, colaboracións, charlas, traballos... con alumnado que presenta algún tipo de discapacidade das Asociacións ONCE, Aspronaga e Aspanaes. Estas fotos son unha mostra dunha primeira visita de ASPANAES a nosa aula de música.

 

 

Nova canle de YouTube Contextos Musicais 2.0

Contextos Musicais 2.0
 
A profesora do Departamento de Música deste IES, Isabel de la Puente,  ten creada a canle de YouTube Contextos Musicais 2.0 tanto para facilitar e completar a aprendizaxe das pezas interpretadas no aula como para proporcionar listas de reproducción con videos dos distintos períodos artístico-musicais.
 
  Os videos de partituras presentan dúas versións de cada tema:
- A peza "completa" con todas as voces principais na pantalla e con todas as voces reais no audio;
- e a versión "karaoke instrumental" na que ao audio se lle silencia a voz principal, para que o alumno practique e interprete a melodía acompañado únicamente do fondo orquestral, pianístico, étnico, etc.
 
  As listas de reproducción inclúen videos con información -moi sintetizada- do contexto histórico e artístico de cada período así como videos das audicións analizadas e traballadas no aula.
 

Visita o CEE Nuestra Señora de Lourdes (Aspronaga) - PROXECTO DESEÑO E SON

Un grupo de alumnos e alumnas que cursan Música en 1º de Bacharelato, acompañados pola súa profesora, Isabel de la Puente, visitamos o pasado mércores 25 de abril o CEE Nuestra Señora de Lourdes (Aspronaga) dentro do proxecto Deseño e son no que está a participar o noso centro.

Alí escoitamos un concerto de pezas improvisadas sobre patróns electrónicos e outro no que a música non a tocaban os alumnos, senón uns robots construídos por eles. 

A visita incluíu un percorrido polas instalacións do centro onde coñeceron como son as aulas e aprenderon como funciona o modelo educativo.... pero tamén desfrutaron de momentos de convivencia, xogo e baile. Unha experiencia moi enriquecedora para todos.

 

Ensaio da OSG Preludios de Wagner.

O 16 de marzo no Palacio da opera da CoruñaAlumnos de música de 4º ESO y 1º Bacharelato escoitaron á orquesta sinfónica de Galicia interpretar Wagner. 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer