O alumnado de 1.° da ESO pon en práctica o aprendido nas súas clases de Educación Física e adestra para a súa particular 'Volta á Coruña".
A nosa expedición a Jaca xa está de volta despois de 5 días intensos de convivencia, esforzo, traballo en equipo e aprendizaxes que nos acompañarán sempre. Voltamos cansos, pero moi satisfeitos e satisfeitas por todo o compartido e aprendido!
Un ano máis, o Departamento de Educación Física organizou con 3.° da ESO a saída de escalada ao Petón (no Xalo), con posterior roteiro polo Rego das Xesteiras, para desfrutar das cores do outono.
Lembramos unha das saídas en bici que realizou hai unhas semanas o alumnado de 1.º da ESO. Desprazouse cara ao paseo marítimo en dirección Riazor polo carril bici ata chegar ao Milenium, ascensor do monte de San Pedro e continuación ata o Portiño. Cada grupo segundo o seu nivel fixo entre 8,5 e10 km, aproximadamente. Noraboa!!! Sodes uns/unhas ciclistas estupendos!!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer