Punto Laranxa contra o acoso escolar

ACTO DE GRADUACIÓN 2º BACHARELATO

O venres 10 de xullo puxemos punto e final ao curso 2019/2020. Nunha semana marcada polo protagonismo da ABAU, o alumnado de 2º de Bacharelato reuniuse para celebrar a finalización desta etapa. Parabéns a todos e a todas, desfrutade das vosas merecidas vacacións, e a mellor das sortes!

Vídeo

 

PROCESO DE SELECCIÓN FP DUAL

Unha vez publicada a listaxe de solicitudes de Formación Profesional Dual, convócase aos candidatos e candidatas ao proceso de selección que se realizará os días 15, 16 e 17 no IES Ramón Menéndez Pidal.

  • CS DE TRANSPORTE E LOXÍSTICA

Presentación: mércores 15 de xullo ás 11h no Salón de Actos do Instituto.

Entrevistas: xoves 16 e venres 17 de xullo. As instrucións serán facilitadas no acto de presentación.

 

  • CM DE COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS ALIMENTARIOS

Presentación: mércores 15 de xullo ás 12h no Salón de Actos do Instituto.

Entrevistas: xoves 16 e venres 17 de xullo. As instrucións serán facilitadas no acto de presentación.

 

Prégase a todos os asistentes o uso de máscara en todo momento e o respecto das indicacións en termos de distancias de seguridade.

GUÍA DE TRABALLO PARA SETEMBRO

Na seguinte LIGAZÓN pódense consultar as tarefas propostas polo profesorado a realizar para o mes de setembro.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

A listaxe provisional das persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario e de material escolar e a de solicitudes excluídas, con indicación
da causa de exclusión, pode consultarse no taboleiro de anuncios do centro.

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, estas listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

LISTAXE PROVISIONAL SOLICITUDES

Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas nos Ciclos formativos :

a) Dual ( reclamacións ata o día 13 de xuño  ás 13.00 horas )

- CS Transporte e Loxísitca Dual ( 2º ano )

- CM Comercialización de Produtos alimentarios.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31491

 

b) Ordinarios ( reclamacións ata o día 15 de xuño ás 13.00 Horas )

- CM Actividades Comerciais

- CS Comercio Internacional

- CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31505

 

A listaxe poderase consultar no centro ou ben na aplicación informática co código alfanumérico de cada solicitante.

Para obter o seu código ir a o enlace " Ver código persoal de consulta " da aplicación ciclosadmisión.

 

 

CALENDARIO DE SETEMBRO

Consulta no documento toda a información relativa a datas e horarios de exames, entrega de boletíns, matrícula, etc. para o mes de setembro.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer