Punto Laranxa contra o acoso escolar

Ciencias Sociais

VIAXE A MADRID

 

Mentres desfrutabamos do Entroido, o alumnado de 2.° de Bacharelato que estuda Historia da Arte viaxou a Madrid acompañado de Estrella, a nosa Directora, e da profesora da materia, Ana López Formoso, quen exerceu de magnífica guía para visitar os principais museos da capital e os puntos de interese da cidade. Seguro que esta viaxe será un fermoso recordo desta etapa no instituto!

VISITA Á EXPOSICIÓN DE PETER LINDBERGH

 

Máis de 50.000 persoas visitaron a exposición 'Untold Stories', de Peter Lindbergh, desde a súa inauguración o pasado mes de decembro.
Hoxe foi alumnado de 4.° da ESO, e de 1.° e 2.° de Bacharelato quen tivo a ocasión de desfrutala, da man da profesora Ana López Formoso.

AIRE LIBRE E NATUREZA POLA RÍA DE FERROL

O mércores 25 de maio o alumnado de 1º de BAC fixo unha excursión pola ría de Ferrol. A visita foi moi completa, pois houbo percorrido cultural polo Ferrol histórico, guiado pola profesora Ana López, roteiro de sendeirismo que culiminou na Fervenza de Belelle e paseo en lancha ata Mugardos. E, por se fora pouco, o tempo foi estupendo. Os profesores que acompañaron aos rapaces foron, ademais de Ana, Fran e Emilia.

GALERÍA

 

 

 

 

AUDIOGUÍAS EMOCIONAIS

 

O martes 19 de maio, e coincidindo coa conmemoración do Día Internacional dos Museos o 18 de maio, tivo lugar no Museo de Belas Artes da Coruña a presentación do proxecto desenvolvido pola profesora Ana López Formoso e o alumnado da asignatura de Introdución á Historia da Arte, do cal nacen as "audioguías emocionais". Este alumnado creou locucións subxectivas para diversas obras, transmitindo a través destas narracións o que lles suxire cada obra e trasladánnos con eles á historia que hai detrás de cada cadro.
Queremos agradecer ao Museo de Belas Artes unha vez máis que nos abrisen as súas portas e a súa disposición a colaborar en todo momento. E felicitamos a Ana e ao seu alumnado por facernos sentir, desfrutar e emocionar.
Convidámosvos a que pasedes polo museo para ver e escoitar (precísase lector QR).
Ligazóns coas audioguías e o vídeo dos participantes facilitadas polo Museo:

Muchas gracias por vuestra solidaridad.

Hemos ampliado el plazo y mantendremos en la entrada principal unas cajas de recogida de alimentos hasta el viernes.
Si os va mejor por la tarde Rober estará para recoger vuestras aportaciones hasta las 19:45h  h que se cierra el instituto.

Gracias infinitas.

Talher de cultura clásica

Talher de cultura clásica sobre o colegio das virgems vestais de Roma, impartido pola asociaçom Gallaecia.

Profesor Jurjo Regueiro.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer