Punto Laranxa contra o acoso escolar

Ciencias Sociais

Emigración

Por segundo ano consecutivo celebramos no noso instituto unha charla sobre a Emigración co alumnado de 2º da ESO. Contamos coa colaboración dun avó e dunha avoa dos nosos alumnos-as relatando as súas experiencias en Cuba, Francia e Suíza. Resultou moi interesante porque é a forma de que o noso alumnado coñeza de primeira man este tema con moitas preguntas aos relatores.

Aprendendo fora da aula !!!

 


 

O pasado xoves 3 de abril o alumnado de Hª da Arte fixemos  a nosa visita obrigada a Santiago de Compostela.

Aprendemos, paseamos e non deixamos de preparar a omnipresente selectividade: o mestre Esteban, o mestre Mateo, Domingo de Andrade, Simón Rodríguez,  Casas Novoa  e  Peter Eisenman acompañáronnos no noso percorrido  (arquitectura variada para dar e tomar!) Como non perdemos o tempo, tamén tivemos ocasión de ver parte do Patrimonio da Universidade e comer tranquilamente os nosos bocatas na cafetería da Facultade  Medicina como protouniversitarios que somos.

Para repetir!!


 


Visita a Santiago

03/04/2014 00:45
03/04/2014 18:00
Etc/GMT+1

 


Visita a Santiago

Xoves, 3 de Abril

Patrimonio da Universidade

Catedral

Pazo de Xelmirez

Convento de Sta Clara

San Martiño Pinario

Santa Maria do Sar

Alumnado de 2º de Bacharelato

Saidas: 8:45

Regreso: 18:00

Profesorado acompañante:

Ana López Formoso

 


Paseo pola arquitectura medieval da Coruña

17/12/2013 09:20
17/12/2013 11:20
Etc/GMT+1

Martes, 17 de decembro

Alumnado de Histora da Arte de 2º de Bacharelato A e B.

Visita ás Igrexas de Santiago e Santa María e percorrido pala Cidade Vella.

Profesora acompañante: Ana López Formoso

 


Graduación de Bacharelato

24/05/2013 19:00
24/05/2013 21:00
Etc/GMT+1

 


Graduación do alumnado de 2º de Bacharelato.


Viaxe a Guimarães do Proxecto Terra


Xa estamos de volta!

A visita á cidade de Guimarães foi divertida e instructiva: Citania de Briteiros, comida a pé de castro, telesférico, visita ao Monte da Pena, paseo nocturno pola vila, percorrido pola zona rehabilitada do Baixo Guimarães, visita ao Castelo e ao Pazo dos Duques de Bragança, e de volta á casa. Un visto e non visto que nos fixo sentir a proximidade das vacacións.

E que bo tempo!

Ver máis fotos


Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer