Punto Laranxa contra o acoso escolar

Curso 2013-2014

Premiado o proxecto de innovación "APLICACIÓNS DIDÁCTICAS SOBRE A GALICIA INDUSTRIAL" no que participa o noso centro.

 


O proxecto "APLICACIÓNS DIDÁCTICAS SOBRE A GALICIA INDUSTRIAL" no que participa o noso centro en colaboración co IES Agra do Orzan e o IES Salvador de Madariaga, foi calificado como EXCELENTE na convocatoria para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes de titularidade da Consellería para o curso académico 2013/2014, sendo un dos cinco proxectos que acadaron a máxima puntuación, polo que recibirá un premio de 2000 €.

A nosa felicitación e recoñocemento polo esforzo e compromiso co ensino do profesorado e alumnado participante no proxecto.

NORABOA !!!!!!!

 


 

 


JUGGER: Terapia de fin de curso

28/05/2014 00:25
30/06/2014 00:25
Etc/GMT+1

Os días 28-29-30 de Marzo uns especialistas de Jugger estiveron con nós facendo unha demostración e logo entramos en combate...

O Jugger é unha práctica deportiva moi divertida e desestresante.

Moitas grazas a: Tony, Martín López, Martín rizos, Paulo, Hans, Álvaro Domadragóns, Nicolás, Diego e Lucía.



Xogos Escolares 2014

29/05/2014 00:32
Etc/GMT+1


O xoves 29 de maio as 17:30 na torre, xogaron a final: Zalaeta-Esclavas. A pesar da "concentración previa ao partido,  mentalización no calentamiento, e dos cambios tan acertados realizados polo Mister, cun banquiño cheo de figuras..."ja,ja. Non sempre se gaña, 1-2 un meritorio 2º posto!!

E o equipo feminino, co que virémonos  arriba o ano que ven se chegamos en número de xogadoras, de momento, recoñecemento ao seu bo facer no campo.

A tod@s PARABENS e a seguir facendo equipo!!



Graduación 2014

23/05/2014 20:26
23/05/2014 23:26
Etc/GMT+1

 


 

GRADUACIÓN 2014

O pasado venres 23 de maio, celebramos a festa de graduación para o alumnado de bacharelato. Neste video podes ver tal e como eran ata chegar ao que son: FORMIDABLES!!!!!!!. Unha divertida imaxe do seu pasado e presente.

IES Zalaeta - Graduación 2014 - VIDEO biográfico

No seguinte enlace terás acceso as fotos de grupo que se fixeron coas familias e compañeiros.

 IES Zalaeta - Graduación 2014 - ALBUM  de fotos

E aqui tedes a montaxe do video da festa de graduación, protagonizada por vosoutros e que prepararon o alumnado do Obradorio de Iniciativas Emprendedoras de 3º da ESO.

IES Zalaeta - Graduación 2014 - VIDEO da festa

 


Novas de Italiano

Durante o presente curso temos a sorte de poder contar cunha axudante lingüística COMENIUS, la profesora Mª Cristina Bartoli que procedente de Molfetta- BARI (ITALIA), desenvolve tarefas de aprendizaxe em língua estranxeira ao alumnado de Italiano, ademais de impartir clases de lingua e cultura italiana ao profesorado do centro.

 

Durante quest’anno scolastico abbiamo la fortuna di contare sull’aiuto dell’asistente linguistica COMENIUS, la professoressa Maria Cristina Bartoli, proveniente da Molfetta- BARI (ITALIA), che ha svolto attività di insegnamento in lingua straniera agli alunni di italiano, dando anche lezioni di lingua e letteratura italiana al personale docente.


Visita ao Polígono de Cerceda do alumnado de X.Comercial e Marketing e 1º de Comercio Internacional

Os alumnos dos ciclos X.Comercial e Marketing e 1º de Comercio Internacional visitaron duas empresa punteras e innovadoras situadas no polígono de Cerceda: Porto Muíños e Galopín.
Porto Muíños, dedicase fundamentalmente a comercializar algas, setas cultivadas e outros productos derivados do mar. 
Galopín dedícase fundamentalmente ao diseño de parques infantiles. A foto onde se ve unha frondosa vexetación e no xardín de Galopín

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer