Punto Laranxa contra o acoso escolar

AUDIOGUÍAS EMOCIONAIS

 

O martes 19 de maio, e coincidindo coa conmemoración do Día Internacional dos Museos o 18 de maio, tivo lugar no Museo de Belas Artes da Coruña a presentación do proxecto desenvolvido pola profesora Ana López Formoso e o alumnado da asignatura de Introdución á Historia da Arte, do cal nacen as "audioguías emocionais". Este alumnado creou locucións subxectivas para diversas obras, transmitindo a través destas narracións o que lles suxire cada obra e trasladánnos con eles á historia que hai detrás de cada cadro.
Queremos agradecer ao Museo de Belas Artes unha vez máis que nos abrisen as súas portas e a súa disposición a colaborar en todo momento. E felicitamos a Ana e ao seu alumnado por facernos sentir, desfrutar e emocionar.
Convidámosvos a que pasedes polo museo para ver e escoitar (precísase lector QR).
Ligazóns coas audioguías e o vídeo dos participantes facilitadas polo Museo:

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer