BO NADAL!

 
O IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL quere desexarvos un Bo Nadal e transmitirvos os mellores desexos para 2021. Queremos aproveitar tamén para dar as grazas a alumnado, familias, profesorado e persoal non docente por todo o voso esforzo nesta primera avaliación. Unha avaliación na que...
✔ Aprendemos a importancia de gardar as distancias, sabedores de que tiñamos que estar máis unidos e unidas ca nunca.
✔ Tivemos que falar coa boca tapada, pero sen por iso deixar de transmitir as nosas ideas, mensaxes e preocupacións.
✔ As clases se converteron en auténticas cicloxénesis explosivas debido á ventilación e o frío, mais continuamos sen amedrentarnos porque somos #PeixesDeMoitoCoidado
✔ Lavamos as mans ata converter ese proceso nunha máis das nosas rutinas diarias.
✔ Incorporamos a formación semipresencial, decatándonos de que na aula é onde mellor estamos.
E todo isto sen deixar de aprender día a día, sendo constantes e esforzándonos para que os tres meses máis estranos da nosa vida escolar transcorrensen coa maior normalidade posible. É momento de tomar un respiro, coller folgos e coidarnos para coidar a todos os que nos rodean. Desfrutade do Nadal, e do merecido descanso. En xaneiro, voltamos!
...........................
CONCURSO DE POSTAIS: postais gañadoras seleccionasas pola @anpaieszalaeta
1. Montse Cortizo (Dep. de Comercio)
2. Nuria Pérez (Dep. de Comercio e EDLG)
3. María Josefa Castro (Dep. de Lingua e Literatura Galega e coordinadora do EDLG)
4. Alumnado de 1A da ESO
5. Martina Núñez, Julieta Surribas, Benjamín Núñez e David Carril

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer