Punto Laranxa contra o acoso escolar

Casos Covid. Información para as familias

Ante a aparición de novos casos confirmados de COVID no IES Ramón Menéndez Pidal, queremos tranquilizar e explicar á comunidade educativa que o Equipo directivo e o Equipo Covid do Centro están a seguir o protocolo establecido polas autoridades sanitarias, que respecta a Lei de Protección de Datos dos casos rexistrados.

O protocolo indica que o equipo COVID do Centro, no momento no que recibe a notificación dun caso confirmado positivo, comunica a incidencia de forma inmediata á Xefatura Territorial de Educación e á Xefatura Territorial de Sanidade. Será esta última quen determine as medidas a adoptar no Centro e, de ser o caso, contactará coas familias afectadas e as consideradas contacto estreito, para indicar o procedemento a seguir.

No caso que nos ocupa, a Autoridade sanitaria pertinente non indicou medidas distintas ás que xa se levan a cabo diariamente no Centro. No caso de novas instrucións, actuaremos segundo as indicacións e serán informados das mesmas.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer