Punto Laranxa contra o acoso escolar

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

Admisión Curso 2021/22

 

Todas as solicitudes das persoas que fixeron a solicitude en prazo están admitidas.

 

As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda Timbre) ou no propio centro, preferiblemente a través de chamada teléfonica.

Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

 

ESCALADA NO ROCÓDROMO

Nestes días o alumnado de 1º da ESO participa nesta actividade no Rocódromo Riazor, organizada por Ismael, profesor de Educación Física.

 

  

FRASES PARA UN ANO DE COVID-19

O Departamento de Física e Química, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Club de Ciencia e Tecnoloxía, preséntanos a través deste vídeo a actividade realizada conxuntamente por 2º e 3º de ESO. Dita actividade consiste en realizar frases relacionadas coa COVID-19 utilizando os símbolos dos elementos químicos para: expresar as súas emocións tras un ano de pandemia, fomentar a prevención da transmisión  con suxestións, animarnos con frases optimistas, etc. Os traballos realizados amosaranse a través dunha exposición no centro.

LIGAZÓN AO VÍDEO DE PRESENTACIÓN

 

Semana de Surf para 2º e 3º ESO

Actividade organizada por Galisurf en colaboración co Departamento de Educación Física.

Toda a información dispoñible nos documentos adxuntos.

Ver las imágenes de origen

CONVOCATORIA BOLSAS COMEDOR MUNICIPAIS - CURSO 2021/22

O prazo para a presentación de solicitudes será do 5 ao 30 de abril, ambos incluídos.

 

Os impresos facilitaranse nas oficinas dos rexistros municipais e estarán tamén dispoñibles na sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es).

 

A solicitude específica e os anexos, debidamente cubertos e asinados, e o resto de documentación exixida na convocatoria poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

Todos os listados (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas…) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.

 

NOTA: Este ano, entre outros requisitos para acceder á bolsa, o/a alumno/a solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido. Naqueles casos que por imposibilidade legal non dispoñan de ningún dos documentos anteriores, poderán presentar unha instancia no rexistro solicitando a cobertura do gasto de comedor con outro recurso, que será valorado polos equipos técnicos especializados

ESCAPARATE DE PRIMAVERA

Recibimos a primavera con este orixinal e fermoso escaparate co que o alumnado de 2º curso de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais despide a súa formación académica no centro. Non se nos ocorre mellor lugar para unha papelería ca un instituto, non si?

 

"Pinto flores para que así no mueran" (Frida Kahlo)

 

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer