Punto Laranxa contra o acoso escolar

CURSO AFD ACTIVIDADES DE XESTIÓN DO PEQUENO COMERCIO

 

Inicio previsto: 8 de marzo

Remate previsto: outubro 2021

Horario: de 16h a 21h

Proba de selección: luns 1 de marzo ás 9h

ACTIVIDADES 11F - WEB ZALATECNO

Actualizada a web de Zalatecno coas actividades realizadas para conmemorar o 11F, Día da Muller e a Nena na Ciencia.

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA DE ROSALÍA

PROPOSTA DE ACTIVIDADES NO DOCUMENTO ADXUNTO

ENTROIDO 2021 - O NOSO GRAN SHOW

Queremos amosar un pouco do noso particular Entroido, que celebramos o venres 12 de febreiro cun gran show, cheo de baile e música. Non houbo público presencial, pero contamos cuns espectadores de luxo: as persoas residentes da residencia Padre Rubinos.

Queremos agradecer a todo o alumnado participante as súas gañas e implicación neste festexo tan especial, e especialmente aos profes que se converteron en coreógrafos, técnicos de imaxe e son, organizadores de sala, cámaras, e o que fillo falla. Mención especial para o noso mestre de cerimonias, Tono Frade.

COMPARSAS PREMIADAS:

As persoas integrantes do xurado, conformado por residentes de Padre Rubinos, despois dunha intensa deliberación, comunican que as comparsas gañadoras son...

  • Primeiro premio Hawai Bombai de 2 da ESO B
  • Segundo premio Los Watxiturros de 1 de BAC A
  • Terceiro premio Los Trineos de 1 da ESO B

 

VÍDEO RESUMO

EXPOSICIÓNS 11F

Queremos compartir unha serie de proxectos desenvolvidos polo Club de Ciencia co gallo da conmemoración do 11F: Día da Muller e da Nena na Ciencia.

Neste apartado da páxina web do Club de ciencia (Exposicións 11F en Zalaeta)  hai información e as as ligazóns para poder ver o traballo que levan feito no grupo de Tics de 4º e no de TICs de 2º de Bac sobre mulleres galegas en ciencia e tecnoloxía.


Son Exposicións 11F creadas polo alumnado, unhas virtuais:
 
 
  • unha páxina web, con tarxetas interactivas e audios:

E desenvolveron tamén unha exposición nuns paneis na entrada do centro con cartaces e códigos QR para escoitar os audios:
 
 
 

PROXECTO PROGRAMA ERASMUS+ CONVOCATORIA 2020-21

Proxecto Erasmus+ 2020-1-ES01-KA103-834B8DC5., dirixido a conceder e organizar as mobilidades de alumnado de ciclos de Grao Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e de Comercio Internacional. Febreiro 2021.

Adxúntase documento coa resolución definitiva da comisión avaliadora do proxecto.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer