Punto Laranxa contra o acoso escolar

ENTROIDO 2021 - O NOSO GRAN SHOW

Queremos amosar un pouco do noso particular Entroido, que celebramos o venres 12 de febreiro cun gran show, cheo de baile e música. Non houbo público presencial, pero contamos cuns espectadores de luxo: as persoas residentes da residencia Padre Rubinos.

Queremos agradecer a todo o alumnado participante as súas gañas e implicación neste festexo tan especial, e especialmente aos profes que se converteron en coreógrafos, técnicos de imaxe e son, organizadores de sala, cámaras, e o que fillo falla. Mención especial para o noso mestre de cerimonias, Tono Frade.

COMPARSAS PREMIADAS:

As persoas integrantes do xurado, conformado por residentes de Padre Rubinos, despois dunha intensa deliberación, comunican que as comparsas gañadoras son...

  • Primeiro premio Hawai Bombai de 2 da ESO B
  • Segundo premio Los Watxiturros de 1 de BAC A
  • Terceiro premio Los Trineos de 1 da ESO B

 

VÍDEO RESUMO

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer