Punto Laranxa contra o acoso escolar

Comida de Nadal. Reencontro c@s compañeir@s

A chegada das vacacións de Nadal, deunos de novo a oportunidade de reencontrarnos cos compañeiros e compañeiras que compartiron o seu labor docente no noso centro. O seu compromiso co ensino ao longo de moitos anos deixou unha fonda pegada na súa memoria e na de todos nosoutros, polo que esta oportunidade anual de reencontro enche de gratos recordos e experiencias o dia de benvida aos dias de Nadal.

Este encontro deunos a oportunidade de agradecerlle a Lolita, a Maria e a Pascual os anos de atención e servizo prestados ao longo dos 36 anos que estiveron levando o bar do noso centro. Un emocionado e moi merecido agradecemento de todos nosoutros.

Trozicla Nadal 2013


 

Os días 18 e 19 de decembro realízase na aula A-B o xa tradicional mercadillo de intercambio de obxectos a cargo do alumnado do CM de Comercio.

Máis información...

 


Paseo pola arquitectura medieval da Coruña

17/12/2013 09:20
17/12/2013 11:20
Etc/GMT+1

Martes, 17 de decembro

Alumnado de Histora da Arte de 2º de Bacharelato A e B.

Visita ás Igrexas de Santiago e Santa María e percorrido pala Cidade Vella.

Profesora acompañante: Ana López Formoso

 


O alumnado de 2º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato visitan a exposición de Rafael Moneo na Fundación Barrié

Organizado polo Departamento de Tecnoloxía, o alumnado de 2º e 4º da ESO e de 1º e 2º de Bacharelato esta realizando a visita guiada á exposición sobre a obra de Rafael Moneo na Fundación Barrié. Rafael Moneo é o arquitecto español de maior recoñecemento internacional, premio Pritzker de arquitectura (tamén coñecido como o Nobel de arquitectura) e a visita á exposición permítenos facer un formidable percorrido pola súa obra ao longo de 50 anos de oficio de arquitecto, ao tempo que podemos contemplar debuxos orixinais que en moi poucas ocasión temos a oportunidade de observar. Como Catedrático de Composición Arquitectónica, Rafael Moneo deixou unha fonda pegada nas xeracións de arquitectos que tiveron a oportunidade de disfrutar da súa labor académica e coñecer a súa obra, sendo un referente de como aprender da arquitectura do pasado para enfrentarse á arquitectura do presente.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer