Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESCAPARATE DE PRIMAVERA

Recibimos a primavera con este orixinal e fermoso escaparate co que o alumnado de 2º curso de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais despide a súa formación académica no centro. Non se nos ocorre mellor lugar para unha papelería ca un instituto, non si?

 

"Pinto flores para que así no mueran" (Frida Kahlo)

 

 

Semana de surf de Zalaeta para 4º ESO e 1º BAC

Organízase a "Semana do Surf" no centro, que terá lugar nas praias de Bastiagueiro, Caión ou Barrañán, en función das mareas. Tedes toda a información nos adxuntos.

Prazo máximo para apuntarse e realizar o pago: venres 9 de abril

BENVIDA Á PRIMAVERA NO HORTO PAIDEIA

 Unha primavera máis, o alumnado de Bioloxía de 1º ESO sae ao patio a facer traballos de mellora da contorna, coa finalidade de sensibilizarse co seu coidado, coñecer certo tipo de flora e participar no traballo conxunto que grazas á Fundación Emalcsa comezamos este ano co alumnado do CEE María Mariño e que está relacionado cos enxertos de froiteiras comúns na nosa zona. 
 
Estes traballos están sufragados, ademais de por Emalcsa, por Voz Natura, polo Club de Ciencia do Centro, pola Concellería de Servizos Sociais de A Coruña e polo propio instituto.
 
 
 
 
 
 

TEATRO EN LIÑA - O CHARCO DE ULISES

O dia 27 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro. Este venres 26 teremos a oportunidade de desfrutar da adaptación da Odisea "O charco de Ulises", representada en liña polo Centro Dramático Galego.

Actividade organizada polo Departamento de Latín.

CONCURSO JÓVENES TALENTOS


A aula de 2º D da ESO é a aula gañadora do concurso "Jóvenes Talentos" da Fundación Coca-Cola, co escrito colectivo en lingua galega "O veciño". Parabéns a todos e a todas!

 

"Eu teño un veciño moi raro. Non se deixa ver moito, pero cando o fai a súa cara, repleta de engurras, e a súa expresión mostran que o ten pasado moi mal na vida. Ten un sombreiro máis vello ca el e sempre leva roupa de cor escura. É unha persoa de poucas palabras e evita falar coa xente. Case nunca sae da casa, é como unha sombra e, non sabemos por que, pon música dos anos 50 sempre. O seu nome é Rodrigo e o seu apelido descoñécese. A súa muller morreu e desde entón volveuse moi raro. Ten como mascota un vello pastor alemán que a miúdo está enfermo. Leva moitas veces os calcetíns rotos e os pés chéiranlle moi mal, pero o can xa está afeito. O home cáusame moita curiosidade, gustaríame saber máis del."

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 8M

Desde o IES Ramón Menéndez Pidal reivindicamos a igualdade de oportunidades e o papel da muller na nosa sociedade.

Cartaz realizado por Alejandro García, de 1º Comercio Internacional

 

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer