Punto Laranxa contra o acoso escolar

AIRE LIBRE E NATUREZA POLA RÍA DE FERROL

O mércores 25 de maio o alumnado de 1º de BAC fixo unha excursión pola ría de Ferrol. A visita foi moi completa, pois houbo percorrido cultural polo Ferrol histórico, guiado pola profesora Ana López, roteiro de sendeirismo que culiminou na Fervenza de Belelle e paseo en lancha ata Mugardos. E, por se fora pouco, o tempo foi estupendo. Os profesores que acompañaron aos rapaces foron, ademais de Ana, Fran e Emilia.

GALERÍA

 

 

 

 

EXAMES EXTRAORDINARIOS DE XUÑO - 2ºBAC

Información en adxunto.

CONCURSO DE MONÓLOGOS

O venres 21 de maio gozamos no Ágora vendo ao alumnado presentando os monólogos.
Dámoslles os parabéns a todas as persoas participantes! Fixérono de marabilla!
Participaron na categoría A (1° e 2° da ESO) co@ temática "Mamá quero ser gamer": Antón Cillero García (1° ESO A), co título "Reprodúcense os gamers?"; José Manuel Lupiáñez Botana (1° ESO B, co título "Eses gamers"; Daniela Torrado Liñares (1° ESO A), co título "As Mulleres no mundo gamer" e Brian Blanco Góme (2° ESO D) co título "Quero ser gamer".
E parabéns ao gañador do primeiro premio es categoría A: un alumno de primeiro da ESO do noso centro: Antón Cillero García!!!
 

INFORMACIÓN SOBRE REINTEGRO (DEVOLUCIÓN) BOLSAS CURSO 2020/2021

Debido ás dúbidas que xenera o trámite de reintegro, a  Sección de Bolsas de Estudo da Xefatura Territorial da Coruña, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade fainos chegar a seguinte aclaración:

Entenderase que NON se destinou a bolsa para a finalidade que lle foi concedida e procederase por esta unidade ao trámite de reintegro (devolución) nos seguintes supostos:

  • Causar baixa no centro, anular matrícula ou renunciar antes do remate do curso 2020/2021.
  • Non ter asistido a un 80% ou máis das horas lectivas, salvo dispensa de escolarización.
  • Non ter superado o 50% das materias, créditos ou horas matriculadas, en convocatoria ordinaria nin extraordinaria
  • Non ter superado o curso completo no curso de acceso ou do curso de preparación dos cursos de formación específicos para o acceso a formación profesional ou no caso de estudos estudos cursados nas escolas de idiomas.
  • No caso de estudantes que obtiveran unha bolsa para a realización do proxecto fin de estudos, non ter presentado o proxecto no prazo dun ano desde a data de resolución da concesión da bolsa.

 ACLARACIÓN:


HORA/MATERIAS/CRÉDITOS

CFGS,CFGM, FP BÁSCA: O cálculo será en horas (incluída a FCT)

BACH, Grado Profesional Música: O cálculo sera en materias (asignaturas)

Ensinanza Oficial de Idiomas: O cálculo será en curso

Título Superior, equivalente a Grao Universitario:o cálculo será en créditos 

Tamén se procederá ao reintegro (devolución nos seguintes casos):

  • Cobros indebidos de contías ben sexa por erro ou por outras causas.
  • Ocultamento ou falsificación de datos. (incluído a icompatibilidade con outras bolsas)

 ABEIRO LEGAL

ARTIGOS 40,41,42,43,44,45 E 46 DA RESOLUCIÓN DA SECRETARIA DE ESTADO DE EDUCACIÓN, POLA QUE SE CONVOCAN BOLSAS DE CARÁCTER XERAL PARA O CURSO 2020/2021 PARA ESTUDANTES DE NIVELES POSTOBRIGATORIOS

ART 36 E SEGUINTES DA LE38/2003, DO 17 DE NOVEMBROXERAL DE SUBVENCIÓNS, E NO RD 887/2006 POLO QUE SE APROBA O SEU REGULAMENTO

AUDIOGUÍAS EMOCIONAIS

 

O martes 19 de maio, e coincidindo coa conmemoración do Día Internacional dos Museos o 18 de maio, tivo lugar no Museo de Belas Artes da Coruña a presentación do proxecto desenvolvido pola profesora Ana López Formoso e o alumnado da asignatura de Introdución á Historia da Arte, do cal nacen as "audioguías emocionais". Este alumnado creou locucións subxectivas para diversas obras, transmitindo a través destas narracións o que lles suxire cada obra e trasladánnos con eles á historia que hai detrás de cada cadro.
Queremos agradecer ao Museo de Belas Artes unha vez máis que nos abrisen as súas portas e a súa disposición a colaborar en todo momento. E felicitamos a Ana e ao seu alumnado por facernos sentir, desfrutar e emocionar.
Convidámosvos a que pasedes polo museo para ver e escoitar (precísase lector QR).
Ligazóns coas audioguías e o vídeo dos participantes facilitadas polo Museo:

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer