Punto Laranxa contra o acoso escolar

VOZ NATURA CURSO 2020/2021

Este ano, o proxecto Voz Natura do Zalaeta e o Club de Ciencia teñen como novidade o traballo conxunto co Colexio de Educación Especial María Mariño de A Coruña. Este centro, que conta con FP Básica de Xardinaría e Viveirismo, está a traballar na recuperación de froiteiras da nosa contorna e na práctica de adecentamento de zonas de xardín. A proposta nestes tempos de covid no que a nós se refire é facer un intercambio de plantas (xa nos deron "faballóns" e agora queren as nosas "calas"), e de guía de cultivos (pois eles traballan cunhas sementes que tras algúns meses de crecemento imos colocar no Instituto tras recibir asesoramento por videoconferencia se non pode haber intercambio de rapazada). Trátase de realizar un traballo de inclusión e natureza ao tempo, no que interveñen varios proxectos do instituto: Club de Ciencia Zalatecno, Deseño e Son a través do programa de cultura inclusiva e accesible da Fundación Emalcsa, e o Club de Letras con O Son das Aulas, dedicando unha sección do seu programa ao seguimento destas tarefas.
 
 
O alumnado participante será o de 1º de ESO e o profesorado que desenvolve esta actividade é Eva Mariño, Andrés Vázquez e Tono Frade. 
 
Programa Voces de A Coruña coa intervencion de Tono Frade e alumnado participante (min 1.30 a 8)
 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer