FacebookSíguenos en YouTube

Informática

eTwinning: Concurso de Marcapáxinas Letras Galegas 2014

eTwinning


Concurso Marcapáxinas Letras Galegas 2014

O Alumno de 1º Ciclo de Sistemas Informáticos e Redes, Junior Pereira Grille,  resultou premiado cun Áccesit no concurso de Marcapáxinas Letras Galegas 2014, organizado polo IES San Clemente a través dun proxecto eTwinning.

Noraboa Junior!!

Programa de Becas de Formación Profesional

Feuga


Sesión informativa do Programa de Becas de Formación Profesional FEUGA


O venres 6 de xuño, ás 12:00 horas na Aula de usos Múltiples do IES Maximino Romero de Lema, celebrarase unha sesión informativa sobre o programa de becas de Formación Profesional organizado pola FEUGA e os Departamentos de Orientación e Informática do centro.

Este programa está destinado a facilitar a incorporación ao mercado laboral dos titulados nos ciclos formativos, polo que é de gran interese tanto para os titulados como para os que aínda non teñan decidido a súa formación académica.

O 80% dos Titulados no Ciclo de FP do IES Maximino Romero de Lema acadan un contrato laboral

Emprego Informática


O 80 % do alumnado do Ciclo de Sistemas Microinformáticos e Redes, acada un contrato laboral nas empresas nas que levaron a cabo as prácticas da FCT.



Cabe destacar que esta procentaxe chega ata o 100%, se atendemos ao alumnado que cursou o Ciclo de SMR íntegramente no IES Maximino Romero de Lema.

Tanto o alumando como as empresas colaboradoras, agradecen a calidade da educación recibida.

Parabéns ao profesorado do Ciclo Formativo de SMR involucrado na formación do alumnado.

Benvido ao Departamento de Informática

Informática

 

Nesta sección poñemos á túa disposición información relativa ao Departamento de Informática.


A continuación achéganse documentos de interese para o alumnado sobre as diferentes materias impartidas polo noso Departamento:

Programación para o curso 2016/17

REVISTA VIRTUAL "MAX TODAY"

Os alumnos de 4º ESO de Informática presentan unha revista elaborada íntegramente por eles que chamaron: "Max Today", ca finalidade de entreter e informar de temas de actualidade a todo aquel que lle interesara. Esperamos que vos goste!

Distribuir contido