FacebookSíguenos en YouTube

Programa de Becas de Formación Profesional

Feuga


Sesión informativa do Programa de Becas de Formación Profesional FEUGA


O venres 6 de xuño, ás 12:00 horas na Aula de usos Múltiples do IES Maximino Romero de Lema, celebrarase unha sesión informativa sobre o programa de becas de Formación Profesional organizado pola FEUGA e os Departamentos de Orientación e Informática do centro.

Este programa está destinado a facilitar a incorporación ao mercado laboral dos titulados nos ciclos formativos, polo que é de gran interese tanto para os titulados como para os que aínda non teñan decidido a súa formación académica.