FacebookSíguenos en YouTube

Curso 2012-13

Concurso Público para a adxudicación da cafetería do I.E.S. Maximino Romero de Lema

Seguindo a instrución 4/2013 emitida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o 20 de xuño de 2013, para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros públicos non universitarios dependentes da Consellería, don Manuel Maseda Deán, en calidade de director do IES Maximino Romero de Lema, declara aberto, con data 28 de xuño de 2013, concurso público para a adxudicación da cafetería do IES Maximino Romero de Lema.

Consulta das Bases.

Calendario PAU

Calendario PAU
Realización da PAU 12,13 e 14 xuño
Publicación cualificacións provisionais 21 xuño
Solicitude reclamación e 2ª corrección 22-26 xuño
Resolución reclamacións á 2ª corrección 1-3 xullo
Publicación cualificacións definitivas PAU 5 xullo

Mais información:
Estrutura da proba
Sistema de Cualificación e Nota de Admisión
Información Xeral: Comisión Interuniversitaria de Galicia

Alumnos do IES Maximino Romero de Lema galardoados

Premios


Recentemente varios alumnos do IES Maximino Romero de Lema foron galardoados en certames de Poesía e Relatos.

Concretamente, trátase de:

- Darío Miranda Pastoriza, alumno de 4º ESO que recibiu o 2º Premio no Certame de Poesía Rosalía de Castro.

- Nuria Vilariño Lema, alumna de 1º ESO B que resultou premiada no Certame de Relato da Fundación Fernando Blanco de Cee.

Parabéns aos alumnos premiados.

O 80% dos Titulados no Ciclo de FP do IES Maximino Romero de Lema acadan un contrato laboral

Emprego Informática


O 80 % do alumnado do Ciclo de Sistemas Microinformáticos e Redes, acada un contrato laboral nas empresas nas que levaron a cabo as prácticas da FCT.



Cabe destacar que esta procentaxe chega ata o 100%, se atendemos ao alumnado que cursou o Ciclo de SMR íntegramente no IES Maximino Romero de Lema.

Tanto o alumando como as empresas colaboradoras, agradecen a calidade da educación recibida.

Parabéns ao profesorado do Ciclo Formativo de SMR involucrado na formación do alumnado.

Distribuir contido