Plan Proxecta

NO IES MARTAGUISELA DO BARCO DE VALDEORRAS IMPARTIMOS UN OBRADOIRO DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL

Dentro do Plan Proxecta, 365 días de respecto e igualdade, e en colaboración co Concello do Barco de Valdeorras levamos a cabo un Obradoiro de educación afectivo-sexual para o alumnado de 2º ESO os días 23, 24 e 25 de febreiro e para o de 3º ESO foi os días 24, 25, 26, 27 e 28 de xaneiro.

Este obradoiro ofreceulle á mocidade de 2º e 3º ESO contidos específicos e ferramentas que lles facilite a identificación e eliminación de situacións de risco ou abusos sexuais, e ao mesmo tempo afondouse en cuestións como as enfermidades de transmisión sexual e a prevención de embarazos non desexados.

 

O IES MARTAGUISELA PARTICIPOU CO SEU ALUMNADO DE 1º E 2º ESO NA PLATAFORMA INTERACTIVA “ALGO ENTRE NÓS”

Dentro do Plan Proxecta 365 días de respecto e igualdadee grazas á Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, participamos co alumnado de 1º e 2º ESO na plataforma interactiva centrada na prevención da violencia de xénero no contexto das relacións de adolescentes.

Continúa lendo facendo clic aquí ou na imaxe.

O IES MARTAGUISELA DO BARCO DE VALDEORRAS COAS MULLERES COMPOSITORAS DA HISTORIA

Seguindo coas actividades de conmemoración do Día Internacional da Muller, 8 de marzo, levouse a cabo dende o departamento de Música en colaboración co Plan Proxecta Por 365 días de respecto e igualdade e a Biblioteca escolar unha exposición de fotografías de mulleres compositoras e intérpretes non sempre recoñecidas e mesmo esquecidas na Historia da Música.

Continúa lendo facendo clic aquí ou na imaxe.

NO IES MARTAGUISELA CELEBRAMOS O 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Dentro do Plan Proxecta, 365 días de respecto e igualdade, o profesorado do IES MARTAGUISELA celebrou o Día 8 de marzo, Día internacional da muller, vestíndose coa mesma camiseta baixo o lema XUNTAS SOMOS IMPARABLES, porque como se dixo no manifesto... 

Continúa lendo facendo clic aquí ou na imaxe.

NO IES MARTAGUISELA QUIXEMOS AMOSAR OS NOSOS DOTES NA COCIÑA

Dentro do Plan Proxecta, Por 365 días de respecto e igualdade, e coincidindo co período do Entroido, quixemos amosar os nosos dotes na cociña. Para iso...

Continúa lendo facendo clic aquí ou na imaxe seguinte.

NO IES MARTAGUISELA INVESTIGAMOS SOBRE AS NOSAS HEROÍNAS

Ao longo do curso o alumnado de 2º, 3º e 4º ESO do IES MARTAGUISELA tivo que investigar sobre a vida e o labor profesional de diferentes “mulleres heroínas” que, ao longo da historia, foron...

Continúa lendo facendo clic aquí ou na imaxe seguinte.

NO IES MARTAGUISELA CHARLAMOS CON LORENA GIL CEREZALES (17 de Decembro)

Dentro do Plan Proxecta, 365 días de respecto e igualdade, e en colaboración co equipo de Dinamización de Lingua Galega, charlamos con Lorena Gil Cerezales que foi alumna do noso instituto e actualmente é enxeñeira no Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia.

Con esta conversa queremos visibilizar determinadas carreiras universitarias para romper cos estereotipos tradicionais, xa que é importante que as nosas rapazas estean tamén no ámbito STEM e ao mesmo tempo que o noso alumnado de 1º e 2º BAC teña unha información directa acerca desta carreira universitaria.

Podedes ler a conversa na revista do centro IES MARTAGUISELA.

Powered by Drupal - Design by artinet