Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Benvidos ao portal de Dinamización da Lingua Galega

Esta é unha ventá ás actividades que desde a Dinamización Lingüística do centro abrimos para toda a comunidade educativa. Grazas atodos e a todas os que colaborades nelas, profesorado, alumnado e persoal non docente, grazas por que tamén  contribuídes a darlle pulo á lingua galega, a grande obra colectiva do pobo galego, a que nos une e nos identifica, a que nos dá voz propia nun mundo plural e diverso ao que queremos sumarnos.

 O equipo e Dinamización da Lingua Galega do IES Martaguisela constituíuse de acordo co Decreto 79/2010 do 20 de maio para o plurilingüismo coa finalidade de potenciar o uso da lingua galega, ficando conformado polos seguintes membros no curso escolar 2023-24:

 · Coordinadora: Marta Cortés  (Departamento de Música).

· Representantes do profesorado: Luisa Rigueira, Sara Lemos (Departamento de Lingua Galega e  Literatura), Manuela Álvarez, Raquel Vigo (Departamento de Lingua Castelá e Literatura),  Fernando Alonso (Secretario).

·    Representantes do Equipo Directivo:  David Espada ( Vicedirección), Fernando Alonso  (Secretaría).

·    Representantes do persoal non docente: Rosario Feijoo, Esperanza Carpintero (Conserxería).     

·   Representantes do alumnado:

 O equipo de dinamización lingüística traballa man a man co plan dinamizador da  Biblioteca e os recursos derivados desta, instalacións, ordenadores e documentación, sendo sempre  este espazo o centro físico das reunións de dinamización.

                       Ver apartado das bibliotecas escolares para máis detalles da instalación e recursos.

 

Estas e outras noticias  das que procuramos dar conta case semanal, están detalladas na páxina do noso centro e nas nosas RRSS:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmartaguisela/

@instimartaguisela  

 

     Ies Martaguisela   

 

   @IES Martaguisela                        

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet