Dinamización Lingüística

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Vídeo-homenaxe á figura de Ricardo Carvalho Calero.

Deste xeito, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega, dos centros de Ensino de O Barco, quixeron estar presentes o Día das letras Galegas

 Vídeo

SAMAÍN. RELATOS DE TERROR, CABAZAS E TALLER DE MAQUILLAXE.

O Samaín deste curso trouxo algo de medo á entrada do centro, onde expuxemos as cabazas e os relatos de terror participantes no concurso deste ano. Pero non quedou a cousa aí, durante os recreos ofertouse un taller de maquillaxe terrorífica para alumnado e profesorado a cargo da profesora de francés Natalie. Merci Natalie!

Foto

Foto

Foto

Foto

Foto

24 DE FEBREIRO: ROSALÍA DE CASTRO

Papeliños con poemas de Rosalía ían nas mans do alumnado de 3º ESO para ficar pegados nas paredes, nas portas, nos cristais e nas aulas do centro. Despois, na biblioteca, leron algúns, ben sorrintes, para celebrar seu día. Rosalía sempre. Eterna.

SAMAÍN

Miguel e Zoe, de 1º ESO , forman parte do grupo de teatro, e fixéronnos pasar uns recreos terroríficos dramatizando a lectura dalgúns contos do libro Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. Docampo.

Foron, ademais, tan amables de participar nalgunhas actividades que a Biblioteca Municipal de O Barco organiza nestas datas. Desta volta coa súa lectura, animaron aos máis cativos…ou non, por que  algo de medo tamén  daban!

ESCOITANDO A DANIEL SEIJAS

Quixo a casualidade que durante o primeiro trimestre chegara ao noso centro para facer unha substitución o profesor de Xeografía e Historia  e Doutor Daniel Seijas. Daniel  é unha persoa con moitas facetas , entre elas a de presentador de Palco de Estrelas , o programa decano das orquestras de Galicia, que emite tódolos xoves (dende 2005) a partir das 20h ata as 4 ou 6 da mañá en Radio Valga 107.9 FM. Ademais de orquestras, hai chamadas en directo, concursos, entrevistas e espazos dedicados á historias, as chamadas "Superproduccións Palco de Estrelas". Daniel é tamén colaborador no programa da TVG + Pachanga:  coa finalidade de divertir os espectadores da canle pública galega nace “+ Pachanga”, un programa dedicado ao mundo das verbenas para as noites dominicais deste verán, cun formato que aposta pola música e as actuacións das orquestras máis destacadas e míticas do panorama galego” contan na publicidade web do programa. Os alumnos de 1º Bacharelato quixeron interesarse pola traxectoria profesional deste profesor e fixéronlle unha entrevista que a continuación reproducimos. Estivo ben animada! 

     Entrevista 1º Parte

     Entrevista 2ª Parte

25 DE NOVEMBRO: CONXELA O MALTRATO XA!

       Para concienciar ao noso alumnado da importancia do bo trato entre sexos, alumnos e alumnas, nomeadamente os integrantes do grupo de teatro,  fixéronnos unha posta en escena en diferentes espazos do centro, aulas, pavillón, sala de profesorado, cafetería… Con estética de mimo e adoptando unha posición concreta, sen apenas movemento, portaron carteis chamando á mobilización e á visibilidade deste  grave problema, incidindo en sensibilizar á xente  nova ante a lacra que padecen miles de mulleres que sofren maltrato. Entre todos e todas debemos conxelar o maltrato para sempre!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet