Dinamización Lingüística

SAMAÍN! NON HALLOWEEN

     

 

O alumnado do IES Martaguisela celebrou o Samaín con películas, actividades deportivas e disfraces propios desta celebración ancestral. Ademais nas semanas previas o alumnado da ESO elaborou relatos e  carteis con estética de cinema, tentando convencer de que é unha tradición nosa e non allea e  animando a empregar o termo Samaín e non Halloween . As máis convincentes, orixinais e artísticas recibiron  premio! Parabéns a India, Diego e Celia.

REALIDADE E PERSPECTIVA DE FUTURO DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN EN GALEGO E EN PAPEL. A REVISTA SALDOIRA EN SANTIAGO.

A nosa profesora Marta Cortés participou na xornada "Realidade e perspectivas de futuro dos medios de comunicación en galego en soporte papel" organizada polo Consello da Cultura Galega, como directora da nosa revista Saldoira que contribúe desde 2001 á normalización da lingua galega no centro e na comarca valdeorresa.

Enlace ó artigo: http://consellodacultura.gal/evento.php?id=201305


 

PORTADAS PARA A NOSA REVISTA

     

Tiñamos varias portadas pero había que elixir unha...Desta volta, e co permiso da nosa querida Rosalía, escollemos a Florencio, no ano das súas Letras ! Parabéns ao noso alumno de Bacharelato de Artes, Mauro Docampo, autor do retrato de Rosalía e de Florencio.

O ROMANZO DO CABALEIRO OURIZO DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

                              

      

     

 

Alumnado e profesorado de Artes ilustramos o fermoso poema de Florencio Delgado" O romanzo do cabaleiro ourizo".

ENTROIDO: RECEITAS E MÁSCARAS DE OURENSE

                                                                                                                                                                         RECEITAS

    

 ENTROIDADA E MÁSCARAS!

MURGUÍA E ROSALÍA NO IES MARTAGUISELA!

Unha posible conversa entre Murguía e Rosalía tivo lugar polas aulas

do IES Martaguisela. Narrada e interpretada por Julia, Miguel e Jairo. Bravo por eles! Bravo polo teatro que volve! Rosalía sempre con nós.

  

FESTIVAL DAS LETRAS: REVELANDO A XELA

Como todos os anos os centros educativos públicos e concertados do Barco de Valdeorras, xuntamos esforzos para organizar actividades co gallo da Semana das Letras Galegas e, unha vez máis, en colaboración co Centro Comercial Aberto da localidade, asociación, esta última, que agrupa a establecementos comerciais diversos da vila. Revelando a Xela  nace cun xogo de palabras, revelar significa descubrir, aportar luz sobre algo que permanecía oculto pero ao mesmo tempo  facer visible unha imaxe impresa en papel fotográfico. Ambas acepcións sérvennos para os obxectivos deste proxecto: dar luz sobre unha escritora descoñecida pola maioría social, Xela Arias, e, ademais, iluminar a lingua e a cultura galegas, tantas veces na sombra e que tanto precisan desa luz para medrar e despexar camiños; por outra banda a propia poeta conxugou a fotografía coa poesía no seu libro Tigres coma cabalos, e esta era unha dobre  homenaxe.

Pretendíamos así, Revelando a Xela, lograr a máxima difusión das nosas actividades, implicando a toda a comunidade educativa pero tamén fóra do centro. Para iso deseñamos a actividade en dúas vertentes:

A) Para o alumnado dos centros de ensino do Barco: o profesorado dos centros participantes forneceu ao conxunto do alumnado dunha serie de versos da obra de Xela Arias. Cada alumno interpretou de xeito fotográfico, segundo a súa imaxinación e sensibilidade artística, as palabras da poesía de Xela.

Con todas as fotografías  realizouse unha exposición en papel, na entrada do centro, para poder premiar ás dez máis votadas entre  a comunidade educativa.

As dez fotografías premiadas de cada centro, un total 60, formaron parte da exposición que se realizou, como vén sendo costume, nos escaparates dos establecementos do Centro Comercial Aberto.

B) Para toda a cidadanía:quixemos conseguir a participación de toda a vila amosando estas fotografías nos escaparates dos establecementos do Barco e difundindo a actividade en prensa e nas redes sociais.  

O Centro Comercial Aberto premiou os autores e autoras das fotografías o día 8 de xuño na súa sede.

             Outro ano máis, coas dificultades de dinamizar en pandemia e as limitacións que iso nos supuxo- evitar xuntanzas para a preparación e  exposición de todos os traballos dos  equipos nos centros tanto  en  exteriores como na propia aula e non poder formar grupos presenciais en talleres de traballo- estamos  máis que satisfeitos co resultado.

                              Parabéns aos equipos, ao Centro comercial Aberto e aos participantes!

Pistoletazo de saída á campaña deste curso cos representantes dos equipos:

 

 

 

Gañadores do concurso no centro

Gañadores concurso Centro Comercial Aberto cos equipos.Parabéns!

 

ESCALEIRAS CON VERSOS

Que boa idea tivemos adornar as nosas escaleiras con versos de poetas, mulleres e galegas! Que gusto pasar por elas a diario e ler palabras tan fermosas! 

8 DE MARZO. DEDICATORIAS PARA AS MULLERES DA NOSA VIDA!

Canto temos que agradecer e valorar o que as mulleres que temos preto, fan por nós! Todos os días son 8 de marzo, día da MULLER, pero este curso o alumnado quixo escribir unha dedicatoria na foto coa muller da súa vida.

Powered by Drupal - Design by artinet