Secretaría

Contratación da concesión dos servizos de xestión das cafeterías dos centros de ensino públicos da provincia de Ourense

CONTRATACIÓN DA CONCESIÓN DOS SERVIZOS DE XESTIÓN DAS CAFETERÍAS DOS CENTROS DE ENSINO PÚBLICOS DA PROVINCIA DE OURENSE, EN 28 LOTES, DURANTE OS CURSOS 2024/25 e 2025/26 (posible prórroga cursos 2026/27 e 2027/28) MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, TRAMITACIÓN ORDINARIA.
NÚM. DE EXPEDIENTE: OU 1 2024 CSCAFETERIASCP
Información publicada na Plataforma de Contratos da Xunta de Galicia/
Perfil do contratante: https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=821899
Os requisitos e a documentación para participar na licitación figuran detallados no Prego de Cláusulas Administrativas Particulares (PCAP).
As ofertas deberán formularse a través do Sistema Electrónico de Licitación (SILEX): www.conselleriadefacenda.es/silex (buscar por número de expediente: OU 1 2024 CSCAFETERIASCP
As notificacións derivadas da licitación realizaranse por medios electrónicos (NOTIFICA.gal).
Descrición dos lotes: Anexo V PCAP
FIN PRAZO para presentación ofertas: día 26 de febreiro 2024, 14:00 horas

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2023/2024

 Prazo de solicitude:     do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos

 Texto da convocatoria:   ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

 Procedemento administrativo: ED330B

  

Forma de presentación:

  •  Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla).

NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

  • Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla).
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo.

 

 O alumnado que non estea admitido nin coñeza en qué centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023.

  

Máis información:

DATAS DO PROCESO DE RESERVA E ADMISIÓN DO ALUMNADO

 

  • PUBLICACIÓN DA LISTAXE DO ALUMNADO CON POSTO RESERVADO (no taboleiro do centro: 25 de febreiro).
  • PUBLICACIÓN DE POSTOS ESCOLARES VACANTES (no taboleiro do centro e na páxina web: antes do 1 de marzo).
  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES (no primeiro centro solicitado ou a través da aplicación (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado): do 1 ao 20 marzo).
  • PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO (taboleiro do centro: 25 de abril).
  • PRAZO DE RECLAMACIÓN CONTRA AS LISTAXES PROVISIONAIS. 5 días hábiles, contados a partir do 26 de abril ( do 26 de abril ao 02 de Maio).
  • PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO (no taboleiro do centro: 15 de maio).

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2023-2024 (CENTROS ADSCRITOS)

 Admisión e matricula

Reserva de praza: Alumnado que cambia de etapa (Educación Infantil a Educación Primaria, Educación Primaria a Educación Secundaria Obrigatoria...) e desexa continuar estudos no centro de adscrición. Este alumnado ten prioridade respecto do que non procede de centro adscrito. Solicitude: Formulario ED550A.

O periodo de reserva de praza para o alumnado de centros adscritos comeza hoxe, día 16 de xaneiro de 2023 e remata o luns, dia 6 de febreiro de 2023.

A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, no centro de orixe do alumnado.

Centros adscritos: C.EI.P. Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas, C.E.I.P. Ramón Otero Pedrayo, Colegio Plurilingüe Divina Pastora, C.E.I.P. Xosé Manuel Folla Respino, C.E.I.P. plurilingüe Virxe Do Camo de Rubiá, C.P.I. Tomás Terrón Mendaña.

Powered by Drupal - Design by artinet