Proxectos de innovación en dinamización lingüística.

O NOSO PROXECTO TEATRAL “ A LITERATURA GALEGA Á ESCENA” VÉN DE RECIBIR O PRIMEIRO PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O noso proxecto teatral “A literatura galega á escena” vén de recibir o Primeiro Premio de Innovación Educativa en Dinamización Lingüística obtendo a consideración de excelente segundo vén de resolverse na convocatoria de participación nos proxectos de Innovación Educativa en Dinamización Lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade durante o curso académico 2022/2023.

  

Estamos moi contentos polo premio ao esforzo e o traballo desenvolvido nunha actividade tan completa coma a do teatro que axuda ao desenvolvemento integral do alumnado como persoa, procura a destreza en comunicación verbal, mellora a coordinación e a capacidade de expresión, así como potencia a creatividade e a imaxinación, ademais de fomentar a capacidade de traballo en equipo e mesmo activar a superación e a colaboración co resto de participantes.

Parabéns a todos e a todas as persoas que o fixeron posible!!!

Para ver máis imaxes faga clic aquí.

O ALUMNADO DE 2º e 3º ESO DO IES MARTAGUISELA ASISTIU Á REPRESENTACION TEATRAL

   

                                                                                                                                                         

                      ESTE PROXECTO RECIBIU O PRIMEIRO PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA  EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DA XUNTA DE GALICIA

 

 

 

Cando un rei moi famoso foi tamén un trobador

O pasado venres, día 31 de marzo de 2023, o alumnado de 2º e 3º da ESO asistiu á estrea da representación teatral da obra Cando un rei moi famoso foi tamén un trobador organizada polo grupo de teatro do IES Martaguisela baixo a dirección da profesora de Música e coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística do centro educativo, Marta Cortés.

Esta actividade enmárcase dentro do Plan Proxecta. Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística.

Os/as actores/actrices foron:

  • Alessandro Barra Carvalho
  • María Encina González Enríquez
  • Mario Prada Rodríguez
  • Miguel Palmer Díaz
  • Héctor Rodríguez Delgado
  • Luana Barros Ríos
  • Ana María Fernández Neira

Con esta peza teatral retrocedemos no tempo ata a segunda metade do século XIII, onde o Rei Afonso X O Sabio compuxo, dirixiiu e/ou supervisou diversas cantigas dedicadas á Virxe María, usando o humor como fío condutor da obra, o alumnado repasou as figuras do prolífico rei e tamén do trobador Martín Códax, mentres descubrimos un “novo xénero”: o galetón.

Foi unha extraordinaria posta en escea a que levou a cabo tanto o alumnado como o profesorado que cada mércores pola tarde acudiu ao ensaio da mesma durante todo o curso.

Deixámosvos algunha fotografía e a gravación da representación.

Vídeo: CANDO UN REI MOI FAMOSO FOI TAMÉN UN TROBADOR

Powered by Drupal - Design by artinet