Responder ó comentario

NO IES MARTAGUISELA DO BARCO DE VALDEORRAS IMPARTIMOS UN OBRADOIRO DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL

Dentro do Plan Proxecta, 365 días de respecto e igualdade, e en colaboración co Concello do Barco de Valdeorras levamos a cabo un Obradoiro de educación afectivo-sexual para o alumnado de 2º ESO os días 23, 24 e 25 de febreiro e para o de 3º ESO foi os días 24, 25, 26, 27 e 28 de xaneiro.

Este obradoiro ofreceulle á mocidade de 2º e 3º ESO contidos específicos e ferramentas que lles facilite a identificación e eliminación de situacións de risco ou abusos sexuais, e ao mesmo tempo afondouse en cuestións como as enfermidades de transmisión sexual e a prevención de embarazos non desexados.

 

Responder

Powered by Drupal - Design by artinet