NO IES MARTAGUISELA DO BARCO DE VALDEORRAS O ALUMNADO DE 1º BAC ASISTIU A UNHA INTERESANTE CHARLA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO NAS RELACIÓNS DE PARELLA NA MOCIDADE

Dentro do Plan Proxecta 365 días de respecto e igualdade e grazas á Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, seguimos levando a cabo diferentes charlas-obradoiros co alumnado de Bacharelato. O pasado 24 de marzo foi o alumnado de 1º BAC quen asistiu a unha charla sobre Violencia de xénero nas relacións de parella na mocidade.

Este obradoiro foi impartido por persoal especializado do Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero de Santiago de Compostela.

Nesta ocasión,  partindo da frase de María Teresa Miras Portugal “Hay que coger el bisturí y analizar tus propias ideas confrontándolas con las de los demás” a relatora deulle a oportunidade ao alumnado de descubrir e afondar sobre o que é e o que non é amor, cales son as fases do namoramento para controlar o noso cerebro que, en ocasións, non permite ver a realidade que temos diante, ademais identificou os mitos do amor romántico para tratar de identificalos con intelixencia emocional. En definitiva, deulles pautas para detectar o amor baseado no bo trato e identificar as propias emocións para escapar da dependencia da outra persoa que conforma a parella  e o importante que resulta ter ao noso carón alguén de plena confianza para poder compartir momentos difíciles.

 

Deixámosvos algunhas fotografías de diferentes momentos da charla.

Powered by Drupal - Design by artinet