NO IES MARTAGUISELA DO BARCO DE VALDEORRAS SEGUIMOS CON CHARLAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dentro do Plan Proxecta365 días de respecto e igualdade e grazas á Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, seguimos levando a cabo diferentes charlas co alumnado da ESO. O pasado 16 de decembro foi o alumnado de 3º da ESO quen asistiu a unha charla sobre Violencia de xénero no novo contexto dixital.

Este obradoiro foi impartido pola asociación vasca Pantallas Amigas, que levan dende o ano 2004 traballando cos adolescentes para desenvolver nos máis novos as habilidades e as competencias dixitais que lles permitan participar de forma activa, positiva e saudable na rede.

Nesta ocasión, o alumnado de 3º ESO tivo a oportunidade de descubrir e afondar novas formas de violencia que xorden no contexto dixital, en especial a ciberviolencia de xénero, o grooming, sextorsión, etc, así como ver e debater sobre a Historia de Pepe y Pepa de Carme Ruíz Repullo para detectar pequenas mostras de micromachismos,

 

 Deixámosvos algunhas fotografías de diferentes momentos da charla.

Powered by Drupal - Design by artinet