NO IES MARTAGUISELA DO BARCO DE VALDEORRAS REALIZAMOS UN ENCONTRO LITERARIO CON ANDREA MACEIRAS

ENTREVISTA A ANDREA MACEIRAS

PRESENTACION DIEGO NOGUEIRAS

ENTREVISTA A ANDREA MACEIRAS

ALEX - INDIA -  JAIRO

Dentro do Plan Proxecta, 365 días de respecto e igualdade, e en colaboración coa Biblioteca do centro, levamos a cabo un encontro literario coa escritora Andrea Maceiras que nos veu falar de dous dos libros que leu o alumnado de 1º e 3º ESO, A folla azul e Europa Express respectivamente. Esta xuntanza tivo lugar o día 7 de marzo, previo ao Día da Muller, para pór en valor o traballo desta magnífica autora.

Foi Diego Nogueiras Pérez de 3º ESO o encargado de presentarnos a escritora que dende moi nova sentiu un amor extraordinario polas historias e comezou a escribir para unha destinataria moi especial como era a súa irmá pequena, de aí que se dedicase á literatura infantil e xuvenil. Diego Nogueiras destacou a súa prolífera actividade literaria (Proxecto bolboreta, O segredo do lagarto arnal, Nubes de evolución, Miña querida Sherezade, Volverás golfiño, Conta nove estrelas e O que sei do silencio)  e os diferentes premios acadados (premio Meiga Moira, Premio Jules Verne, Premio Lazarillo, etc). Ademais subliñou que escribe por todas as cousas que foron, serán ou puideron ter sido, xa que concibe a literatura como unha forma diferente de existencia ou viaxe.

Deseguido Alejandro Martínez González, India López Arias e Jairo Núñez Nogueira, alumnos de 3º ESO, realizáronlle unha entrevista que vos deixamos para que a escoitedes.

A continuación, o alumnado de 3º ESO mantivo unha conversa moi amena coa escritora entorno á obra Europa Express que leron durante o primeiro trimestree ao finalizar asinoulles os exemplares que previamente mercaran.

Para rematar a tarde literaria, o alumnado de 1º ESO achegouse ao Salón de Actos para falar sobre a obra A folla azul. Neste caso, Andrea Maceiras contoulle a súa paixón pola selva amazónica compartindo reflexións moi interesantes nas que interveu o alumnado de xeito activo e emocionou a propia escritora. Como non podía ser doutro xeito, tamén lle asinou os exemplares do libro A folla azul.

 Deixámosvos algunhas fotografías de diferentes momentos do encontro literario con Andrea Maceiras.

 

Powered by Drupal - Design by artinet